o que pasa é que as casualidades non existen. alí de pé, outra vez diante dalquel portal. eu vivo aquí. case caio de cu. case me dá un infarto e para non variar, fun incapaz de explicar todo o que sentín. por que me custa tanto falar?

era a miña médica. pequena, moi miúda e de pelo curto. eu soa non podía. nin meus pais, nin Catuxa, nin Osiria. non me quedou outra que tragarme o orgullo, os prexuízos e o medo. ía cada quince dias en sesión dunha hora. falar e falar. só iso. incrible, pero certo: terapia de palabras en voz alta. custoume sangue suor e bágoas. gardo moi bo recordo. ela ensinoume a mirarme no espello, a verme como son, a confíar en min. o día que me deu a alta foi no setembro de 2º de Bac. deume un abrazo moi forte, de oso, de xigante. ata se emocionou. daquela o único que quedaba por facer era que eu aprendese a coidarme. foi un dos días máis felices da miña vida. meus pais tamén se emocionaron e logo fomos a tomar algo nunha das terrazas da Quintana. eu merquei dúas postais. estaba totalmente convencida de que ía acabar estudando xornalismo. tiña tanta ilusión...

eu pensaba que a perdera, pero NON.
Chuzame! chúzame -