estes días durmo na cama de meus pais. cos seus olores facéndome compañía. cando me quedo soa en casa sempre durmo alí. unha cama demasiado grande para min. gústame por iso. como sería durmir con alguén que amas e che ama? os hospitais cansan moito. todo o mundo lles ten fobia. eu non. a Raíña sempre traballou alí, e agora Ro. as persoas van para curarse. ademais, alí só hai amor. non se discuten por parvadas. volvémnos máis cariñosos cando temos a alguén alí. será que xa non temos escusas para ter medo de demostrar cariño.

súfrese, pero tamén se ama. moito.

Chuzame! chuzame -