persoal21 feb 2006 01:00 am
despois da tormenta sempre chega a calma
durmÃn moi mal. non soñei e a cada pouco espertaba para ver que hora era. as sete menos cuarto xa estaba en pé. puxen o termómetro. a febre seguÃa aÃ. a RaÃña na ducha. ela tampouco durmira. espertei a Catuxa. almorcei un pouco de leite con colacao e un tripi de paracetamol. as sete e media todas saÃndo de casa. escuridade e chuvia. case non hai ninguén na rúa. na entrada do hospital xa está Ro de uniforme. miña nai tamén se cambia. non fala. na 7ª, na 718 meu pai, meu Rei xa se duchou, xa se afeitou e agarda pacientemente coma un año que vai ao matadoiro. emociónase cando chegamos. a Raiña dalle un bico cariñoso. Catuxa e eu tremendo coma vimbios. son as oito, aÃnda nos queda media hora. silencio e amor mesturado con medo polo aire. un gas en expansión. eu saio fóra. afogo de calor pola calefacción e pola desesperación. chegan o pai de Quela e a nai de miña nai. abrázome a eles e recÃboos co mellor dos meus sorrisos. HOXE facemos falla todos. meu tÃo e eu facemos tempo camiñando polos corredores. un home de verde chega á planta cun papeliño na man. vén a por el. unha enfermeira e miña nai póñenlle unha inxección intravenosa, pre-anestesia. vai ido, entre o da noite e isto... sácano da habitación. cóllolle unha man e esta vez non o dubido, non me acovardo. agáchome.
VAMOS, PAPÃ, VAMOS.
e un apretón que é recÃproco. meténse no ascensor el, ela aguantando nunha man o suero e o celador. o quirófano está na sexta. os demais baixamos a pé. miña avoa vai chorando. Catu e eu aguantando, facendo o último esforzo. dor. tanta que corta a respiración, un gas velenoso. e o medo collido da súa man, como Romeo e Xulieta. puto amor, nunca o odiei tanto. chegan. todos ás portas da área cirúrxica. pasan o enfermo, o celador e miña nai. non podo mirar. non consigo miralo á cara. ou si. e só vin angustia. el quere vivir, por iso está asÃ. e entran e desaparecen trala porta. e nada. caénme bágoas, sen présa. non desafogo. o meu tÃo agárrame o brazo. sei que el tamén o está a pasar mal. intento non mirar a Catuxa. está desfeita, máis ca min. sentan a esperar e eu vou ata o baño. intento volver a chorar e non podo. saio fóra e xusto nese instante vexo á mellor amiga de miña nai. un sorriso aparece na miña cara. Elvira! chámoa, xa non te recoñecÃa, filla. é da miña estatura e rodéoa co brazo. non podo evitalo, sáeme inconscientemente. cariño para quen o merece. cóntolle como van as cousas. e ti como estás? sempre tan observadora. non tiñas porque vir. mÃrame aos ollos. xa o sei, pero QUERÃA vir. gústame a xente asÃ. sincera e que non che pide permiso para apoiarte e coidarte cando fai falla. sabes? dime sen deixar de collerme con cariño pola cintura, túa e nai e eu querémonos como irmás, aÃnda que poidamos estar demasiado xuntas, sempre sabemos a unha da outra. vénseme á cabeza Osiria. e as súas palabras: "gústanme as persoas que non están, pero que sempre están". sorrÃo. tamén penso en Ro. son moi nova, pero iso xa o teño. pase o que pase. nese instante aparecen a nai de Evita, Vito e a miña Ro. máis apoio. a nai de Evita e Vito entran nesa zona prohibida para os que non somos do gremio. esa zona onde están meu pai e miña nai. morro coa envexa. saen para informar de que aÃnda non chegou o cirurxián, que é dos máis bos, e que meu Rei xa anda medio drogado, que miña nai non lle solta a man e que un celador se mete con el por estar tan rodeado de mulleres. rÃome porque sei que non se entera de nada. Elvira e eu volvemos onda os outros. polas escaleiras aparece o Dr. Balbuena (ou Valbuena que non sei como se escribe). nas mans dese home está a miña vida, o meu futuro, o da miña familia. a nosa felicidade. entra e ao pouco sae miña nai. emocionada, máis tranquila, con nai de Evita collida dun lado. vou cara ela sen dubidalo. abrázome. chórame, pero sen a ansiedade destes últimos meses. abrázoa con toda a dozura que me deixa o meu corpo. igual que unha manta. e non sinto vergoña ao facelo, non sinto temor de achegarme a ela e demostrarllo. mentres, dentro, meu pai, durmido como unha pedra, comeza a súa batalla particular. Catuxa, Elvira, o pai de Quela, miña avoa, Ro, o meu tÃo Afonso, a RaÃña e eu vixiamos a retagarda sentados. xa pasan das nove. miña nai convénceme para ir comprar uns churros para as súas amigas da U.C.I. con Ro. baixamos as escaleiras. e aà xa non podo máis. lonxe de todos e das súas miradas, paro a Ro no medio da escaleira. abrázoa e choro. boto o veleno do meu corpo. tan só uns segundos. sepárome e volvo a mirala. sorrÃo, xa está fóra. de repente unha calma estraña invádeme. paz. o corpo reláxase. respiro hondo, a miña alma confÃa. entre o ir e vir de xente a quirófano informannos de que todo vai ben. un brillo aparece nos ollos da raÃña. todo empeza a ir ben. Catuxa sorrà máis. sei que o está a pasar moi mal, cala e o seu silencio só é comparable a ese sufrimento. perdida de Evita, chámoa. as once Ro, miña avoa e eu baixamos de novo á cafeta. vexo o meu tÃo de Vigo, o irmán máis pequeno do Rei. sorrÃo. lévoo para arriba. entón pasa o milagre. vexo ás enfermeiras de azul, as da U.C.I. saÃndo da portas do territorio prohibido. xa está, xa remataron, todo ben, sangrou moi pouco. e nin sequera choro de alegrÃa. miro para os demais. miña nai que se ergue rápida. cada vez sorrà máis. Catuxa como unha nena pequena que non acaba de crelo e esas bágoas asomando. tan sensible, tan pura. deixannos pasar a Catuxa e a min só un momento. meu pai nunha cama, algo aturdido e pálido. vivo. achégome e o mellor dos bicos na meixela, sei que non se vai lembrar, non importa. eu si, toda a vida. lévano a unha sala aparte para o "espertar" e logo subilo a planta. a unha súbeno e eu quedo con el. a RaÃña baixa comer algo, Catuxa marcha cos meus tÃos e miña avoa, ten que marchar a Teucro. segue atontadiño. rÃome e estremezo cada vez que penso nos bicos que lle dedicou miña nai. creo que xamais os vin tan namorados. póñome a ler e quedo frita. o móbil espértame. Xoela. todo ben, repito unha e outra vez. sinto como sorrà polo aparato. sáudos de Di!! avisa a todos, TODO BEN! como con Ro cando sae das prácticas. xa é da familia. ela e o Gato teñen encandilados a todos os da U.C.I. ao rematar imos buscar á súa irmá que tamén quere pasar por onda meu pai. o ascensor é un fillo de puta e cando está na 7ª volve para abaixo. vexo un 6, logo un 5, un 4 na pantalla. vaime dar algo. está escarallado. e 3, 2, e 1. un dos meus pesadelos recurrentes que se fai realidade. hai maxia no aire, aÃnda que nos custe crelo. soños mesturados con ela. Deus, isto non pode estar pasando!!! coa fobia que lles teño. a miña histeria transfórmase en parvada porque Ro e Belén están comigo. aÃnda se botan unhas risas comigo todos os que están alÃ. ao final, despois de 40 minutos saimos e eu cagándome en todo. levanme a casa. miña nai non se quere despegar de meu pai nin medio segundo. en casa o único que se me ocorre facer é poñerme a bailar. e saltar polos sofá adiante. cantar e berrar. a verdade é que estou un pouco tola. as victorias hai que celebralas por todo o alto. as seis e vinte volvo para o hospital con Ro que ten clase ata as dez, quedo con ela de volver. volve miña avoa, os pais de Quela, que me chama dende o aeroporto, e o meu tÃo de Vigo. o Rei xa está máis esperto. fala de futbol. miña nai non deixa de sorrir. e eu só podo dar grazas a Deus. unha e outra vez. hai xusto trece anos, no 1993, cando eu tiña 9,... hai trece anos que morreu o pai de meu pai. xusto trece anos. o mesmo dÃa que hoxe. as voltas da vida. onte dÃxeno sen pensar, "debo ter un anxo da garda". non me daba conta do significado que Ãan ter hoxe estas palabras. alguén que xa non está, estou convencida, vixÃa e coida da súa familia. paréceche pouco motivo para que eu siga a sorrir coma unha parva?? hoxe aprendÃn unha cousa, que
o amor é máis grande que a vida e que a morte.
hoxe, 20 de febreiro de 2006, meu avó, estea onde estea, tatuouno na miña alma para sempre. coma el
chúzame -

2007-02-07 at 11.52 pm
[...] volta pra un lado. volta pra outro. o reloxo marca as oito cando abro os ollos. e voume ata casa. miña nai hoxe non traballa e aÃnda está na cama. collo un xersei armario porque vai frÃo e vou camiñando ata o hospital pola Praza maior, a rúa do Perigo, o PosÃo e en tres minutos máis chego. renego do ascensor e subo ata a sétima andando. a porta da 718 outra vez. entro calada e Ãspome. veñen a pincharme. veñen a levarme. imaxes que non son miñas, roubeillas ao meu pai, mesturadas con outras sobre as que tampouco teño dereitos. prefiro as guerras nas que son soldado a aquelas nas que só son espectadora. mestúranse as imaxes na miña cabeza. recordos. estou soñando, seino. pero sinto como me atravesa o bisturÃ. e non sei porqué estou a sorrir. e canto, como aquela que vez que subÃn no Dragón. [...]
2007-02-08 at 5.18 pm
Emocioneime lendo o seu pasado.
2007-02-08 at 6.06 pm
2007-02-09 at 5.06 pm
A verdade nunca é moi longa.