a perspectiva non era moi boa. un novo curso e máis rutina. eu non encaixaba. escondíame tanto como podía. non quería estar alí. ben, o certo é que non quería estar en ningún lado. cara onde fuxir? e só sabía resoplar e resoplar. a imaxe que me devolvía o espello non me gustaba; algo fallaba e non acertaba a dicir que era. sentía que me faltaban moitas cousas. era o primeiro día de clase. 14 anos e poucas ganas de todos. aquel setembro a melancolía podía comigo. desvatábame, queimábame. tiñan que terme dado un premio, as cousas gordas sempre as souben esconder moi ben. e ninguén o vía... ninguén se daba conta de que eu levaba un S.O.S. tatuado na fronte. e quizais iso era o que máis me fería. era invisible. sentíame invisible. a segunda hora apareceu a nova profe de Historia. mosqueime. eu xa estaba acostumada a Chus, porque tiña agora que aguantar a aquela tipa? mireina dende o meu sitio. primeira fila, como sempre, para ver ben a pizarra. indiferencia. pura e dura. sonábame a cara, claro, xa lles dera clase aos de B o ano anterior. nin sequera me tiña fixado nela. era morrena, alta e tiña moita seguridade. unha profesora máis. pero o que máis me chamou a atención foron aqueles dous dentes grandes e longos e retortos que chamaban a atención de calquera que a mirase. e logo esta tía non sabe o que son os dentistas?? pensei para min aguantando a risa. e estrañoume porque vestía ben. unha pija, seguro. os días pasaban e aparte de Historia aquela tipa dábanos Cultura Clásica a uns cantos. caíame mal. era fría con nós. mantiña as distancias, e por riba facíanos traballar máis que Chus. as cousas mudaron pouco a pouco. nunha semana xa sabía os nosos nomes e aínda que seguía mantendo as distancias amosábase bastante simpática. preocupábase dos seus alumnos e non era por facer o paripé. era moi boa profesora, diso deime conta enseguida. levábase ben co Xabi e co Afonso, os dous de galego que levaban o grupo de teatro. a ela chamábanlle a "Piños" e "Coella". parecía que lle daba igual. eu sabía que collía o bus porque xa a vira máis dunha vez camiñando cara a parada. un día que tiña exame con ela, xusto ao saír do meu portal cruzámonos Catuxa e eu con ela. profe, portate ben e non nos poñas un exame moi difícil. díxeno sen pensar. sorriu. se estudiaches non vas ter problema ningún. unha tarde os de clase quixeron gastarlle unha broma pesada. meteran nun estuche un largato morto e puxéranllo na súa mesa. abriuno e mirou. todos rían e ela tamén poñendo cara de que lle daba noxo. mandou a un de clase tiralo e segui a clase como se nada. nin unha bronca nin nada. saíra victoriosa. caíame cada vez mellor. eu disfrutaba das súas clases. facíaas interesantes. non sei, sempre que remataban sentía que aprendera un mundo máis de cousas, e non só dos libros e de historia. unha semana despois viñeran os italianos de intercambio. nunha das súas clases, estando todos xuntos e mesturados, deixounos xogar a algo parecido ao amigo invisible, pero con notitas. calquera escribía algo de alguén anonimamente e logo ela líao en voz alta. a cousa estaba en adiviñar quen fora. cara o final de todo leron algo sobre min. xa non lembro que foi exactamente. alucinei e púxenme coma un tomate. ao rematar a clase fun coma un foguete cara ela. sorríame con xesto de nena mala. non me quería dicir quen o escribira. pero dimo!!! jo... eu tamén me ría. non podo que é segredo profesional. aquela moza sempre me facía sorrir. era das poucas persoas que o conseguían, porque aínda que lentamente, a miña caída cara os abismos e cara escuridade era invetable. en clases as cousas non me ían ben. a xente ríase de min. eu era un bicho raro. e a min aquilo doíame un mundo. e morría de rabia porque cada semana máis choraba por parvadas e non podía evitalo. fuxía de todo facendo teatro e sendo a nena boa que todos esperaban. meus pais, os profesores. tiña que facelo todo ben, ser responsable, ser "perfecta". e que había de min? que quería eu para min? por que non encaixaba? era invisible e ninguén o vía...por que non podía ser coma os outros da miña idade e pasar de todo? por que non podía ser NORMAL? puta adolescencia, puta vida...

Elisa, pásache algo?estás BEN?

era a voz dela. erguín a cabeza e mireina moi sorprendida. xa levábamos media hora a voltas coa sociedade grega e as súas clases. eu non me enteraba de nada. tiña os ollos no libro, pero non lía nada. chovía e eu seguía triste, cada día máis e máis. deuse conta? non, non pode ser ser. seguía a fitarme con xesto serio e tranquila. todos os de clase miraban para min esperando a miña resposta. estábame poñendo nerviosa. si, claro. e forcei un sorriso. que ben se me deu mentir sempre!

seguro?

si,sí,... volvín os ollos para o libro. sentíame descuberta. non, tiñan que ser alucinacións. deuse conta?! como podía ser aquilo? vixioume o resto da clase. á semana seguinte o sol vovía a brillar e eu aproveitei a clase de E.F. para xogar coma unha tola. aquela mañá estaba contenta de verdade. xa eran horas de saír pero eu retraseime recollendo as cousas. na entrada do colexio quedaban algúns raparigos. nun dos bancos estaba ela sentada cun pequerrecho. intentaba ensinarlle a ler. pareime en seco e observeina con atención. non entendía que me pasaba. de repente era como se a coñecese de toda a vida. intuición. os amigos non se fan, RECOÑÉCENSE. nin máis nin menos. eu seguía alí parada, por Deus Eli, que é a túa profe, non podes ser amiga dela. foi como se me sentise. levantou os ollos do libro e sorriu. marchei a casa cunha certeza no corazón que a miña cabeza me negaba. despois diso viñeron os primeiros exames. o de Cultura Clásica deixeino para o último día, nin o tocara. a tarde que me puxen a estudiar non podía. estaba mal. non me concentraba e agobiábme. vou suspender, vou suspender. o que tiña era un ataque de ansiedade, aínda que non o soubese. durante o exame non daba pé con bóla. o pouco que estudiara desaparecera da miña memoria. ía cargar. quedeime a última co maldito exame. suabanme as mans. que tal foi? preguntoume mentres recollía as cousas. MAL. soltei rabiosa e con bágoas nos ollos. asustouse. como que mal? non estudiaches? ía romper a chorar, xa non podía con aquela ansiedade. sí, pero... xa choraba. sentouse fronte a min. ei! pero que che pasa? non me atrevía a mirala. a vergonza e a rabia non me deixaban. que... que son un desastre, unha metepatas... !!agarroume o brazo con firmeza. só é un exame. mireina alucinada. ningún profesor me falara así xamais. non podía crelo. e se suspendes non pasa nada, o que importa é que esteas ben. entón caín na conta de que non tiña diante a unha profesora. só había unha moza de vintetantos preocupándose por min e ensinándome que a realidade non era esa merda que saía na televisión, nin na iglesia, nin a moto que nos venden a todos de pequenos. marchei contenta para casa e durmín como unha pedra. non podía crelo, o único ser humano que me entendía, que non me botaba nada en cara e que non me dicía que deixase de pensar en "parvadas", que me aceptaba era a miña profesora de Historia. aquilo foi o principio de todo. ela ía salvarme a vida e eu íame converter na súa irmá pequena. pero claro, iso aínda non o sabíamos.

continuará...
Chuzame! chuzame -