abúrrome. estou aburrida/aboerrecida. que ganas que volver para casa!! xa me cansei que estar soa. estou saturada de tanto silencio, de tanto pensar, de tanta música, de tanta metro para min soa, de tanta soidade (que non mata, pero engorda). a vida é unha puta merda se non a podes compartir con ninguén. non serve de nada. é como se o Mar Mediterráneo afogase dentro do Océano PacÃfico. o mesmiño. agora mentres escribo estas palabras a miña alma déixame soa e vaise por aà a buscar xente coa que troulear. chega ata Ou voando por encima do Miño como se fose Peter Pan. pasa por debaixo da Ponte Vella, colle polo Progreso e vai ata casa para ver quen hai. ninguén; miña nai está a traballar, Mari anda por aÃ, seguro que quedou con Ro ou coa prima Quela. e meu pai foi á Peroxa. antes de ir ata alà doume un garbeo polo Paseo e polo Parque de San Lázaro. aà está a miña fonte, a miña cómplice de paseos, nervios de voda e cancións. ninguén o sabe, mais esa fonte é o corazón da miña gran pequena cidade. subo ata o máis alto da Torre e despois lánzome en picado, en caÃda libre para remontar o voo en Xóan XXIII e baixar a costa como se eu fose un mÃsil a reacción. miro a ver se por casualidade vexo a Ana e xusto! alà vai Alma Grande no coche con cara de ir pensando en calquera cousa menos na conducción e tarareando algunha canción da radio (outro dos seus hobbys, aÃnda que ela non o saiba), seguro que quedou co Mago para ilo buscar. e fuxo ata a aldea. fágolle unha visita á avoa. cada dÃa me parece máis nena. dÃgolle que non lle diga a ninguén que estiven a alÃ. cólledeme das mans e di sorrindo que é un segredo entre nolas dúas. eu sorrio porque sei que non sabe gardar segredos. coma min. e porque onte soñei con ela; con quen soñarei hoxe? despego e vou cara o castelo. na fonte queda meu pai cargando coas dúas garrafas de auga. seguro que xa se vai para Ou. e por fin chego ao castelo. non hai ninguén se só se escoita a auga do rial que corre, os cabalos ao lonxe e o aire movendo as follas dos carballos. pecho os ollos e cando os volvo abrir estou aquà sentada diante do ordenador. sigo en Lisboa, pero esta vez trouxen o aire frÃo da terra nas mans.
chúzame -
2005-02-18 at 8.48 pm
A saudade e a morriña é algo normal, e algo intrÃnseco o galego que deambula polo mundo. Pero se aprendin algo nesta vida e que a soidade fortalece (sobor de todo a aquela xente que tira pa diante poñase quen se poña).
Foi un curioso encontro, pero foi un placer coincidir. Un saudo dende a terra da chispa.
D.G.N. McGyver
2005-02-19 at 8.14 pm
hola moza¡
o final parece que me atopaches e eu atopei os meus comentarios, jejeje
atopei o teu blog por un artigo nun xornal dises gratuitos que regalan, onde falaban dos weblogs e de http://www.blogaliza.org (por certo sabes como se fai para aparecer ahi…?). Entrei e gustoume o titulo do teu, DE CANDO O MUNDO SE CHAMA LISBOA, parecÃa o dunha novela ou o dunha peli de aristarain., aparte do de celanova e celso emilio. despois gustoume mais o que estaba escrito e decidinme a comentar algo ( fea a palabra comentar, non?? QUISIERA HACER UN COMENTARIO, que mal soa¡¡¡) Tamén está o de Lisboa, pola que teño unha querencia moi grande, ahi disfrutei da viaxe en taxi mais fermosa da miña vida…., boeno, e mais cousas, que dito asi non parece moito…:)
Xa está¡ explicada a curiosa e tamén agradable intromisión miña nese mundo teu que estás construindo e camiñando en Lisboa ( aggggg¡¡¡ que cousas digo, jejeje)
AH¡¡¡ volvin a entrar hoxe no teu blog e a ler con moito gusto o que estaba ‘posteado’ por ti, e como ademais tiña pensado postear no meu blog a memoria absurda que pasou polo meu maxÃn ista semana, e alà vin que o atopaches e que me fixeches un comentario (graciñas), pois atrevinme a adicarcho….xa me contarás, ou mellor comentarás, vai?
Nada máis. unha aperta
suso
bolanho.FABULATORIO
3 comentarios. 2 blogs. 1 eurorexión (jejeje)
(xa queda menos para a primaveira)