non é a vida secreta das palabras, é a miña. e iso que aínda non vin o filme. que pouco fun ao cine estes meses. antes ía máis. todos os venres, ao dúplex. soa. sempre soa, como se fose unha experta catadora de soidades. e a miña soidade ten algo de particular que non teñen outras: que me sorrí cando estou con ela. é rarísimo que estea triste. é igual que unha mirada profunda, que entende e comprende. e cando o filme remataba volver a casa con música nas orellas e soñando que a Torre e os edificios de Xoán XXIII son barras de pubs onde xigantes bondadosos se adican a tomar uns viños e a tapear tortilla e chourizo ibérico. e eu son unha vacaloura perdida na gran cidade que vai por entre os seus pés. ou unha formiga de forza descomunal. ás veces tamén se celebran carreiras de cabalos que non necesitan de xinetes porque son máis libres que a vida. retumbando cos seus cascos polas rúas. outras collía e quitaba as gafas para gardalas no peto. todo borroso, camiñar dentro dunha acuarela ou dun cadro de Klimt. luces que se dispersan. pero o que máis me gusta cando volvo a casa é a luz do faro. porque eu teño un faro en Atenas. sempre está acendido, na esquina da rúa. anos e anos iluminando a escuridade. non sei quen vive alí. ás veces vense sombras dende fóra. ás veces ata me parece que me coñecen. que me vixían, que me protexen sen que eu me dea conta. vagabundear polos pequenos rincóns da alma desta cidade con soundtrack resoando dentro do cerebro. máis dunha vez teño acabado cantando en voz alta sen darme conta. hai dúas semanas ou máis botaron na 2 unha da guerra civil. encantoume e iso que a min o tema xa me aburre. non por nada, é que sempre que se fala dela é dende o punto de vista político imparcial. parece que só mataron os da falanxe e que os vermellos son os mártires. é que eu saiba nas guerras todos matan e todos morren, dá igual o bando, para algo é unha guerra. o que pasa é que, despois, os vencedores fan o que queren con todo... e nesta película creo que hai bastante afastamento de posicións dun bando ou doutro. contan unha historia da guerra e punto. o espectador é o que decide e xulga se quere. ao final eu xa non me preguntaba que é un héroe, ao final dubidaba de que realmente existan... o que hai sempre son seres humanos disfrazos das personaxes (ou persoas) que soñan chegar a ser algún día ou que, na maoría dos casos, lles deixan ser. pero non foi isto que máis me sorprendeu. o fío conductor é unha escritora, profesora de filoloxía que tivo un éxito e que agora deixou de escribir. "yo era una escritora que no escribía". culta, racional, covarde e moi perdida. que coñece a unha pitonisa de televisión de pacotilla, que non ten complexos intelectuais, que é unha botada para adiante e fai o que sente. gústanse, pero a escritora resístese. non se pode vivir nin escribir pensando coa cabeza, hai vivir pensado co estómago, sacándoo todo para fóra. a escea do bico que me deixou chantada no sofá e completamente paralizada e sen respiración durante máis de nove segundos. non é que eu me sentise identificada, PASA que eu son esa escritora centrada que non se atreve a arriscar, PASA que eu son esa muller que é unha cabra, fai as cousas espontáneamente, pasa do mundo e ás veces mete a pata. dúas caras dunha mesma moeda, o meu yin e yan. o que se reflecte no espello e o que é reflectido. recoméndocha. o meu soñado equibrio que cada vez pasa máis noites comigo. fíxome gracia a cara da Coixet cando lle deron o Goya á mellor película. esa naturalidade, esa sorpresa. pero sen dúbida a única razón pola que sempre me quedo ata as mil a ver ese coñazo de gala é polos agradecementos. actores, actrices e demais, humanizados, emocionados, despistados. e pais e nais orgullosos polos seus fillos. ese momento no que diante de medio país lle podes as grazas aos teus por todo. iso é o mellor dos premios.
a miña Ro aprobou o carné e está que non caga. seica foi "sorte". lembreime de Caufield, que se quedaba volada mirando cara ningures lembrando, seguro, o maldito exame. puta rabia. exames para todo... só falta que nos fagan un para parir. o xoves a Teucro, que por certo alí os examinadores teñen alcumes tipo o cancro, o sida, o veneno... Catuxa vai no polito e (espero) Ro con ela. Quela xa está alí e eu irei en tren dende vigo o xoves pola tardiña. teño ganas de festa; levo o todo o día bailando como unha posesa cando ninguén me ve.
Chuzame! chúzame -