volvín caer na tentación e fun ata á Fnac coa escusa de preguntar polas entradas para o concerto de u2 en Lisboa o 14 de agosto, pero non houbo moita sorte. e xa que estaba entrei a mergullarme entre libros e cds. e nada máis entrar no apartado de libro atopeime de fronte, xusto á altura dos meus ollos, nunha estantería calquera con este libro:
A Montanha da Alma, de XINGJIAN GAO, Premio Nobel no 2000. unha novela que percorre toda a china actual, a da década dos 80 e 90. e pensando nisto, á que me deixaba guíar polos meus ollos naquel paraiso de llbros, lembreime da última peli que vin:
The Last Emperaror de Bernardo Bertolucci, tamén da China. que ganas me entraron de ir ata á Cidade Prohibida. Imaxínalo? eu en Pequín. eu que nunca puxen un pé nun avión (xa me fastidiaría descubrir que lle teño fobia a voar... que seica é moi fodido ou iso me contan xDD), e iso que xa estiven en Paris e en Roma. E xa posta a pensar no mundo oriental acordeime de The Last Samurai. mira que non chorei nin nada cando a vin. non pq me sentise como o último samurai, máis ben pq me sentín como Tom Cruise axudándoo a realizar a súa misión. a moitos seguro que lles parece unha mariconada. a min non. axudar a un/unha amig@ a atopar o seu camiño nunca o é. e pensando e camiñando xa perdida por completo na sección de dvd e nos meus pensamentos soou na radio a canción coa que empeza Billy Elliot. a de "quero bailar", que non me lembro do nome do grupo (putadas nacer na metade da década dos oitenta). Billy quería bailar. eu tamén só quero unha cousa: que me deixen escribir. mudábame de sección cando os meus ollos o0o de miope se toparon co dvd de oferta de The Piano e non me resistín a compralo. uuuuuuuuuuffffffff! que banda sonora!!! a vida tamén ten banda sonora. a miña é moi moi longa; hai tantos momentos que lembrar... porén se teño que porlle unha canción a toda a miña vida, a estes 21 anos de nada, que se os múltiplicamos por 2 xa son bastantes, é sen dúbida Wonderwall de Oasis, dos irmáns Gallager que se levan igual de ben que Mari e eu cando nos dá algunha arroutada. esta canción é superior a min. completamente. é a canción que o di todo.

I said maybe
You´re gonna be the one who saves me?
And after all
You´re my wonderwall

cantas veces me teñen salvado?? unha vez máis a historia repítese. todo vale: abrazos, silencios,música, películas, verdades, palabras, miradas, defectos, ausencias, cartas, mensaxes de móbil, distancia, sinceridade, cafés, borracheiras, bailes, etc. e sobretodo e por encima de todo: sorrisos :)

You´re gonna be the one that saves me

ben e todo isto para contar que comprei unha peli. que ida de olla!!! mañá máis

Chuzame! chúzame -