foi só un segundo. seguro que non sabes que estou falando de ti. ollos color terra que todo o ven e saben. igual que as portas da biblioteca. e como non consigo durmir, collo a bicicleta e voume voando sobre ela ata alí. rúas, mares de pedra.
hai quen me mira dende a illa. non sei para que te soñei tanto... penso desganada, sen rancor, sen dor, sen o mesmo brillo nos ollos. hai neve. e ninguén sabe que existiches dentro de min. o teu funeral foi precioso. todas as ninfas, todos os duendes choraron por ti. a min quixeron levarme presa, pero foi defensa propia, por iso te matei.
vidas parelas, tanto que case chegan a tocarse. queren collerse da man e non poden, rózanse coa punta dos dedos.
aínda é hoxe o día que me cuspen cando me ven ir cara o camposanto cunha rosa branca. ás veces volveste unha pantasma, coma o sábado, e ves coma un obús cara min.
e traio a neve comigo. patinando as rodas da bicicleta pola pedra húmida. e todos me miran. porque me miran? o reflexo da porta de vidro. 9 anos outra vez. vou cantando, berrando, ouleando. máis rápido.
a comerme a boca coa rabia de quen se equivocou. acorralada contra a parede do pub libérome dos teus beizos. "mentíchesme". neve nos meus ollos. e vaste como viñeches, nunha nube dalgún cigarro. tarde, sempre chegas tarde.
e a neve segue caendo. e todos facendo bolas con ela e bonecos xigantes. e sona unha canción por toda a cidade. retumba. a xente facendo escalada polas paredes da catedral. outros esquiando. algunha caída ca outra. partidos de bádminton na Quintana, carreiras de relevos no Obradoiro. todos menguan, máis novos, máis inocentes, máis alegres. empachos de galletas de chocolate, de gominolas, de bocatas de chourizo con nocilla. bicicletas voando por riba dos 2 metros. e esperásme de pé e coas mans nos petos do abrigo mentres aterrizo. outra vez ti. ese segundo que empeza a querer axigantarse. pero shssssssssssssssss!!! moi baixiño, é o noso segredo.
o sábado máis que saír de festa parecía que ía á neve. o día que menos me arreglei. e acabei enganchada a un de Troia. sorpresa, porque ao final vai resultar que teño máis encanto persoal do que pensaba... (ou que ao rapas lle valía calquera). bicaba ben, pero eu estaba desganada. simple entrenamento para os meus beizos. "isto non é o quero" e empezo a dubidar de se REALMENTE sei o que quero. despois de facerme proposicións indecentes e de algún que outro bailoteo (máis frívola e seca ca nunca) sen moito humor, fuxín cara a tarima onde Quela andaba a voltas co italiano e Catuxa con outro dos seus pretendientes.
volvín a soñar con Humidtown case sen darme conta. volvín a imaxinar como sería ir ata alá... volvín a lembrarme daquela *noite de xoves que tardei semanas en asimilar. volvín a ir ata nevera que aí no meu armario. alí estaba e algo máis... volvín a durmirme falando polo baixo "Eli, non te compliques máis a vida".

*Besas como si fueras a comerme.
Besas besos de mar, a dentelladas.
Las manos en mis sienes y abismadas
nuestras miradas. Yo, sin lucha, inerme,
me declaro vencido, sin vencerme
es ver en ti mis manos maniatadas.
Besas besos de Dios. A bocanadas
bebes mi vida. Sorbes. Sin dolerme,
tiras de mi raiz, subes mi muerte
a flor de labio. Y luego, mimadora,
las brizas y la rozas con tu beso.
Oh Dios, oh Dios, oh Dios, si para verte
bastara un beso, un beso que se llora
después, porque ¡oh, por qué!, no basta eso.

"Un relampago apenas"
(Blas de Otero)

Chuzame! chuzame -