abracei á Raiña polas costas mentres ela me miraba recelosa. quería roubarma. e eu sorríolle. son máis forte ca ela. é miña. protéxoa. e vaise rosmando polo baixo. volverá e cando iso volva pasar serei menos educada con ela. o Rei un pouco máis tranquilo, por momentos esquécese de todo e é o de sempre, traballador e ocupado con ensaios. pequenas victorias que me saben a gloria. vaise operar e mentres non nos chamen ímonos entrenando pensando no que virá. Catuxa e eu sopramos as dúas velas con forma de 2 pedindo o mesmo desexo. mensaxes no bicho o xoves pola noite, antes, despois e durante o abrazo nos demos volvendo para casa con Ro despois de tomarlle algo con Ara cruzando a ponte. toda a vida xuntas. somos unha casualidade. por iso non creo nelas. pequenas cousas que coinciden na vida, que se repiten, detalles, algo hai detrás. sinais, son a linguaxe do universo. porque ao final todo encaixa. ela, é sen dúbida, o amor da miña vida. todo o bo, todo o malo, todo á vez, tan diferentes e no fondo tan iguais... pode que nunca atope á miña alma xemela, pero non me importa porque ela sempre estará comigo. durmo ata tarde o venres. e no bichiño máis mensaxes dende o mar de pedra. pola tarde subo ata a aldea cos reis. frío de neve e sol. collemos auga na fonte e imos por onda avoíña. "meu paxariño" e cáeselle a baba comigo. "mira que linda, que feitiña". 96 anos e semella eterna. quéntame as mans coas súas, tan vellas e expertas, máis suaves cás miñas. regálolle o mellor dos meus sorrisos. "abu, que xa teño 22". "si? que noviña es aínda..." "si, aínda son unha nena". na Ponte, en casa da avoa Elisa tartiña pre-cea e mini-celebración con Quela e Noe. tomámoslle algo pola noite e despois dunhas risas coa tola de Quela retirámonos cedo. pola mañá Catuxa espértame igual que fixera hai doce anos para dicirme que está nevando. outro regalo máis caído do ceo. pura maxia. neve en Atenas.

este blog xa ten un ano. paseime media noite relendo e revivindo. a verdade, non sei que dicir. ten vida propia. é o único que se me ocorre. contar conteino todo. o que les é o que hai.

*(a rúa da foto é a miña)
Chuzame! chúzame -