
merda, namoreime outra vez. xa o sabía... xa o viña vir de lonxe. quixen evitalo pero é imposible. esta cidade sempre consigue facerme caer nas súas redes. máis que Lisboa, que Atenas, que Vigo. máis que calquera cousa ou persoa.
erguinme cedo e co medo no corpo. un leite con sabor a sono e tiro para a estación. outra latiña de sardiñas e dúas horas por diante. e de repente aparece Cholo que tamén vai de ruta a Humidtown. falamos todo o camiño. eu escoito e pérdome entre as paisaxes da ría e do interior. chegamos e vou coma un foguete pola cidade. rúa do Hórreo e cara a catedral. entro por Praterías. maxia no aire. pecho os ollos e póñome a respirala. dou unha volta e logo outra. vou por onda o Santiago e sento nun dos bancos. algún grupo de turistas ao que un tipo con sotaque de fóra lles explica a historia da catedral. mentre, eu rezo sentada mirando cara onde colgan o botafumeiro. xa sei que rezar é de inxenuos, pero eu son así. marcho pola porta do Obradoiro facéndome a firme promesa de que a próxima vez que entre alí sexa este verán camiñando dende Roncesvalles. paso por onda Mediciña. rúa cara abaixo. parque, patos, Auditorio, o Burgo. aí está. vou tremendo. peor que a selectividade, máis nervos que para parir ou para casar. respiro profundamente e entro. seméllame un soño. a factoría preciosa, pero sen unha soa indicación. pasa por diante miña Anxo, outro ateniense emigrado, e chamo por el. tarda un par de segundos en recoñecerme. "mi má! que cambiada estás!" secuéstroo e lévame ata a sala de informática. fago tempo. vou nerviosa porque odio a posibilidade de que me observen sen ser vista. saio. outra vez Anxo. que si se quere ir a Lisboa de Erasmus. e volvemos entrar e alí estan Caufield e Xornalistiña. ese momento no que deixas de ser palabras e te transformas en carne e óso. o medo a que a ficción supere á realidade e esta defraude. o medo das catro, supoño. despois de agardar a que Miss Oko faga acto de presencia déixome guiar por elas para comer. un bocata mundial e unhas tapiñas de lentellas e de patacas alioli. e veña falar e bromear. andan cansas, exames, traballos, un amor que anda medio en coma (de que me sonará a min iso...) e a merda dun exame de conducir por culpa dos nervios. aínda así eu farto de rir. pagamos e piramos. un pouquiño de shopping, ou sexa, moito mirar, mercar nada. un detalliño para Catuxa para este venres. a biblioteca máis bonita que vin na miña vida. preciosa. incrible. déjà vu. e Frida en vivo e directo. acabamos nas escadas da Quintana coa Berenguela cantando para nós. e máis risas. había moito que non me ría tanto. grandes historias, tolemias, bebedelas, nais, cans que ou pasan de nós ou se nos botan a cabalo e algunha que outra cousa que non collo. por se acaso non pregunto. se existe o Paraíso tense que parecer este día. creo que vou emigrar a el algún que outro xoves.
Wonderwall
Today is gonna be the day
That they're gonna throw it back to you
By now you should've somehow
Realized what you gotta do
I don't believe that anybody
Feels the way I do about you now
Backbeat the word was on the street
That the fire in your heart is out
I'm sure you've heard it all before
But you never really had a doubt
I don't believe that anybody feels
The way I do about you now
And all the roads we have to walk along are winding
And all the lights that lead us there are blinding
There are many things that I would
Like to say to you
I don't know how
Because maybe
You're gonna be the one who saves me ?
And after all
You're my wonderwall
Today was gonna be the day?
But they'll never throw it back to you
By now you should've somehow
Realized what you're not to do
I don't believe that anybody
Feels the way I do
About you now
And all the roads that lead to you were winding
And all the lights that light the way are blinding
There are many things that I would like to say to you
I don't know how
I said maybe
You're gonna be the one who saves me ?
And after all
You're my wonderwall
I said maybe
You're gonna be the one who saves me ?
And after an
You're my wonderwall
Said maybe
You're gonna be the one that saves me
You're gonna be the one that saves me
You're gonna be the one that saves me
chuzame -
Xaneiro 26th, 2006 at 2:01 pm
Vaia, un día dos que nunca se esquecen…
…o tren é tan romántico
Xaneiro 26th, 2006 at 3:11 pm
E o día comezou mal…é certo, pero logo, cambiou todo, e que ben…(ando na biblioteca, roubeille unha sesion iniciada no ordenador a un tal javier!)doulle gracias dende aqui!Un pracer coñecela, a ver se volve pronto!!!(temos máis historias e máis risas!!!):D
Xaneiro 26th, 2006 at 3:39 pm
coido que foi unha tarde estupenda pra todas! agardo que non se demore en voltar!
Xaneiro 26th, 2006 at 6:19 pm
jo, as gracias teño que dalas eu!!!
e como diría Terminator…
VOLVEREI, jejejej, así que ídevos preparando para a festa…
Xaneiro 26th, 2006 at 7:06 pm
ai, ai! que bonita crónica do día! moloume esa metáfora, de amor medio en coma… a verdade é que non sei como rematará,xa que creo que non hai algo fundamental:o amor, precisamente. ai, que liberdade dicir isto, pero é que cometín o erro de darlle a coñecer a miña bitácora ao ateniense, polo que agora me teño que cortar á hora de escribir, e non me gusta nada…
Xaneiro 26th, 2006 at 7:19 pm
pois eu encantada de que lle molase. pois si, é unha putada cando te cortar no blog… tamén unha putada cando deixas indirectas e non as len… ánimo! algo se lle ocorrerá xDD
Xaneiro 27th, 2006 at 3:18 pm
mmmmm… gutoume esta viaxe pola miña cidade estando en Vigo, hahaha. Espero que algún día poida levarte comigo a decubrir todos os recunchos de Compostela!!!
Xaneiro 28th, 2006 at 5:07 pm
e ti tes que vir a Atenas!!! a ver se polo Entroido te pasas por aquí!!! L.C. non vai faltar