Mala borrachera porque non fuxín daquilo que me pedía o corazón. Corrín porque iso é o que fago cando teño medo. O alcohol anestesioume, pero eu xa notaba a dor por dentro. As súas ausencias. Días de ausencia que traen unha pregunta covarde, realidade ou ficción? Pregunta que agroma sempre que Juan Ramón Jiménez me presta a súa frase e esta se fai de carne e óso:

He soñado la vida, pero he vivido mi sueño

Mais, con todo onte acabei bailando como se a vida se me fose naquela noite. E non quixen que a noite rematase nunca. Pedinllo ao mar, ás estrelas, á Lúa, ás luces da ponte. Tireime ao chan e pedinllo. Tolemia momentánea. Que mal se me dan as despedidas...

xD Marcharon as meninas contentas para casiña. Ai! Que alegría levaban no corpo!! Non sei como chegaría o pobre do Totoyota Tunning pq entre maletas e cus grandes... jejeejej é brincadeira! E con elas as Cuñadísimas, que son la hostia, como diría Tiago!! Agora xa son horas de que me veñan a ver a min ás miñas amigas. E na máis, que me vou unha peli, que mañá vai ser un día complicao!

Doces soños

Chuzame! chúzame -