miroume como se me coñecese ben, como se soubese quen son. semellaba que me estaba esperando. unha confianza que eu ignoraba. obsérvame. póñome nerviosa. isto teñen que ser alucínacións das miñas... fixen algo do que non me lembro algunha noite?? vou ter que consultalo seriamente.

vaise un ano e empeza outro. non sei moi ben que dicir. creo que xa o dixen e escribín todo. non teño nostalxia, só teño ilusión polo que empeza. mírome no espello. estou máis guapa que hai 365 días. máis tranquila e confiada. alegre. distinta. creo que se cumpliu todo o que pedín o ano pasado xusto antes de que acabase de soar a derradeira campanada. o 2005 foi o ano de Lisboa, de Xoela e Dido. único. foron a miña familia alá, o meu refuxio e delas aprendín tantas cousas que se empezo non vou dar rematado. cousas nosas. tampouco me esquezo da Ninfa e da Meiga. e logo volver a casa. ocupar o meu sitio no corazón da familia, das amigas; da miña xente. sei que cometín erros. pero tamén aprendín deles. aínda sigo crendo en Deus e non por que teña motivos, é que me dá a gana e punto. o amor sigue sendo a droga máis forte que probei, máis que o sexo. fun unha loba, unha cazadora. conseguín atopar o equilibrio das miña rarezas sen morder a ninguén. bailo mellor. leo menos, pero iso porque escribo máis que nunca. sempre me lembro do que soño. a nena de 15 que non quería vivir xa me perdou e agora sempre vén de esmorga comigo. espero ter sido boa amiga, non tela cagado demasiado. creo que perdín perdón sempre que me equivoquei. confío en terlle dito que os quería a todo bicho vivente que quero, fose ou non de borracheira. uffffffffffff. tantas que cousas que algo me queda no tinteiro. resumindo: que a felidade era isto.

e síntome como diante da montaña rusa. ou como se estivese a piques de facer caída libre. ou como se estivese en fisterra, ao pé dos cons e a ola a piques de romper contra min. é o momento dos desexos, das intuicións, das certezas, dos soños. é o momento no que estou a piques de comezar a voar. este vai ser o ano no que se decidan moitas cousas, o ano no que Osiria será nai e eu preguntareille que se sinte? e ela encherá toda a habitación do hospital co seu mellor sorriso. non sei o que vai pasar mañá, nin dentro de tres meses ou sete, nin sequera sei onde vou estar. haberá bos e malos momentos. sei que non vou estar soa, hai moita xente que me quere, máis da que eu merezo. espero non cambiar nunca e mellorar día a día, por min e polos demais. cumplirei as miñas promesas, serei menos cutre, escribirei as cartas que debo, saqueirei o carné de conducir, sorrirei máis, non direi mentiras, deixareime querer e gardarei ben os segredos, e demostrarei que confío na xente que quero. e creo que nada máis.
feliz ano para todos e que se fagan de carne e óso os vosos soños. parídeos!!
Chuzame! chúzame -