noite boa
mensaxes polo móbil, subir á
aldea con Catuxa para ver ao
tíos e aos
primos. asimilo, trago e fago a dixestión do xoves sen poder evitar sorrir cando recordo esa dúbida na miña retina e na de Eme ao despedirnos: un na boca ou na meixela? pola noite imos todos á Ponte. panzada de comida que na miña vida: langostinos, cigalas, boi, ensaladilla, pementos asados, caponciño e año... (menos mal que a min non me gustan os doces...). Catuxa animadilla polo
cava facendo de xornalista e Quela e eu morrendo coa risa. ninguén salvou aos meus pais, tíos e avoa dun interrogatorio do máis puro estilo
Salsa Rosa. elas saen pero eu quedo en casa. o domingo voltamos a comer alí e vén a pequerrecha cos seus regalos de Papá Noel e a min cáeseme a baba de mala maneira... mira que é encantadora a condenada!!! e non podo evitar pensar en Osiria e no Mago. como será o seu fillo cando teña catro anos?pola tarde chaman os de Tarragona, que miña avoa materna está no hospital, nada grave. non coñezo a ninguén de 96 que aguante tanto. son unha privilexiada.
a semana pasou rápido, aguinaldos e eu de tendas por aí coas miñas botas novas, que parezo unha amazona, imaxinando o guapa que tería que estar montando a cabalo, outro dos meus soños de infancia. mira que se me vai a olla...
os soños
outra vez en Pontevedra, un concerto, eu deixándome as cordas vocais no escenario. e máis festa. está toda a miña xente e eu estou que non cago. pero hai unha rapaza morena que me fala animadamente. aí paro, non a coñezo fóra do soño, quen pode ser? e de repende diante dos meus ollos, saída na nada fórmase a figura dunha muller triste, tola, perdida. unha pantasma. pego un brinco cara atrás. e na súa cara non hai ningunha emoción, semella insensible. horrible. asústome pq acabo de ver unha pantasma e ninguén me vai crer. pecho os ollos e procuro borrar imaxe da miña cabeza e fuxo en dirección aos baños. a rapaza veme: ti tamén a viches?? non saio do meu asombro. sí, é a primeira vez, déixame ir ao baño que me quero esquecer... sorpréndese. esa pantasma é miña. e eu escacho coa risa. si?agora vexo as pantamas alleas!!! a festa sigue e marchamos en marabunta para outro local. Eme cólleme do brazo. está contento. e susúrrame a palabra máxica ao oído. nisto é cando entra Catuxa no meu cuarto co boneco do dinosaurio facendo o parvo, feliz como nunca. é o nadal ou é que ma abduciron???
fin de ano
nada de festas, pagar entradas, cotillón, gastarme un potosí en roupa, roupeiros e demais tópicos e topicazos. botellón en casa de Ro e logo a viños a dalo todo por onde se poida: Patio Andaluz, K-Oba, Trole, Auriense, Soho,
Rock Club. estamos animadas, había tempo que non estábamos todas así... e os rapaces tamén. carallada, só queremos carallada!!
sorpresa: os meus primos de Tarragona que veñen a ver a meu
pai. a catedral abarrótase. saco algunhas fotos. xa me sei todas as cancións. tócalle a meu pai e a min trémeme a man intentando grabalo. emocíonome. é o home que máis quero. débolle todo o que son. absolutamente todo. son como son gracias a el. séntome. espero que o saiba, que o intúa, non sei... algo! pq non vou poder dicir con palabras na vida. cantamos o Adeste Fideles.
por fin dou chegado ás máis altas! mágoa que estea en vigo, senon metíame na Coral remata o concerto. chega da súa cita sorrinte e con cara de parva. marchamos. despídomonos dos primos. rumbo para casa. ceamos e mentres meu pai deixa os intentinos no w.c. chama por miña nai. está tirado na cama cunha baixada de tensión moi gorda. nin azucar. nin subirlle as pernas. punzadas de dor no abdome. pálido, coma un morto, morto de frío e asustado. deixamos de decidir entre ir a urxencias ou ir mañá ao médico. 061. meu pai desfaise na cama de dor. cambiámolo a mil por hora. todo ordenado. a tarxeta sanitaria.
Catuxa aguantándolle as pernas e eu racional, sen deixar que os nervios ou a histeria me gañen a partida, que me asusto, xa vivín isto antes? miña nai nerviosa e algo acelerada, meu pai é o seu punto débil... ao final din que nos mandan un médico do centro sanitario. e pouco a pouco a meu pai pásaselle. conseguimos que se poña en pé para levalo ao salón. deitámolo e quédase durmido coma un neno pequeno. miña nai abrázase a el con tanto cariño que o di todo sen dicirlle nada, igual que unha ola de calma que trae tranquilidade. ao cabo de media hora chega o médico e unha enfermeira que debe ter os mesmos anos que miña nai. ao final a cousa quédase nun susto.
Eme segue sen vir por Ou, que si partido da selección que si non sei que... ou lle mando unha directa desas que acojonan ou... en fin. é un desastriño de home e non podo cambialo. vou ter que seguir na miña tónica habitual, mellor non esperar, aínda que teña que mentirme para iso. o problema é:
quen me apaga este
lume que levo dentro???
chúzame -
decembro 30th, 2005 at 9:48 pm
Vaia! Alégrome de saber que non vou a ser a única que vai sair en fin de ano vestida con calquera cousa e polos bares onde non cobran entrada (non sabía que en Pontevedra este ano quedaran tantos). Pásaso moi ben mañán á noite, logo
… polo resto, paciencia.
decembro 30th, 2005 at 10:24 pm
jajaja pois si, é que xa me cansei de tanto postureo e tanta mariconada… a ver como se dá a noite. eu sonche do interior “profundo”, como diría Xoela, de Ou. o que pasa é que ás veces saio alí porque miña irma (Catuxa) estuda alí.
si si, paciencia ou unha corda ao pescozo!
decembro 30th, 2005 at 11:01 pm
Bueno, Pontevedra está ben. Dígocho eu que levo dende os 15 saíndo alí!!! (en Marín non está a cousa moi interesante durante o inverno) De seguro que o pasas ben! Algunhas amigas miñas saen polos bares ” de balde” tamén.
decembro 31st, 2005 at 8:56 pm
si, de balde si, o malo é que che clavan de mala maneira… en Ou sempre está interesante, morras de frío ou de calor. non coñezo a ninguén que saíse aquí que non queira repetir!! pois iso, a facer turismo nocturno!