quixente tanto que agora mesmo me parece que todo foi mentira e que mo inventei. miña nena, como me puiden namorar de ti desa
maneira?? tanto tempo xuntas e de repente... namoreime, non puiden evitalo. supoño que necesitaba namorarme e fíxeno de ti. e pintábache cadros nos que ti que saias máis fermosa do que es. eras preciosa porque eu te amaba. ninguén te quixo como o fixen eu. ninguén se calou tantas cousas... deberían darme un Oscar por semellante interpretación. e eu tiña que afastarme, como lle explicas a unha amiga que che pon bailar con ela ou que simplemente con sentir o seu olor xa...??? en fin. era a primeira vez que namoraba. ou non, foi distinto porque ti eras unha muller, logo si que foi a primeira vez que me namoraba dunha muller. e non puiden calar, porque eu son así, e conteicho. foi un erro?? sigo sen sabelo. o caso é que ti facías como se nada, apenas falamos do tema. que ías facer? que había facer eu? calar e aguantar: mentir. pero algo pasou, non sei moi ben o qué. dixen e fixen cousas das que me arrepinto porque te feriron, pero que a min me salvaron a vida. estaba a matarte lentamente para poder sobrevivir, e ti sabíalo. un día, cando espertei, cedo para subir ao cuvi, diante dos meus ollos había dúas portas e dúas ti diante dela. "escolle" dixéchesme sorrindo. amor ou amizade? ninguén me viu caendo de xeonllos con bágoas nos ollos e cunha dor infinita no corazón. ninguén me viu rendirme ante a realidade, nin sequera ti que eras a única que sabía o meu segredo. nun segundo rendinme. a lei do desprendemento. pechei, clausurei, limpei, tirei, osixeneime, desprendinm, sacudinme, solteime,... amizade dixen nun susurro. e collinme da man da moza que era amizade. e iso que as dúas eran iguais... dende aquela vivo nunha especie de amnesia. non me lembro do que sentía nin de como me sentía. as bolboretas que vivían no meu estómago morreron de pena e tristeza porque nunca máis as vou notar facendo festa cada vez que te vía. e algo desa pena vive agora comigo. sei que non me equivoquei, escollín ben e foi o máis difícil que fixen na vida. agora teño que matar esa frialdade e ese baleiro que quedou entre nolas dúas. porque miro fotos e xa non sinto nada. espero que me deixes. sempre doe dicir adeus.
Adeus
Já gastámos as palavras pela rua, meu amor,
e o que nos ficou não chega
para afastar o frio de quatro paredes.
Gastámos tudo menos o silêncio.
Gastámos os olhos com o sal das lágrimas,
gastámos as mãos à força de as apertarmos,
gastámos o relógio e as pedras das esquinas
em esperas inúteis.
Meto as mãos nas algibeiras e não encontro nada.
Antigamente tínhamos tanto para dar um ao outro;
era como se todas as coisas fossem minhas:
quanto mais te dava mais tinha para te dar.
Às vezes tu dizias: os teus olhos são peixes verdes.
E eu acreditava.
Acreditava,
porque ao teu lado
todas as coisas eram possíveis.
Mas isso era no tempo dos segredos,
era no tempo em que o teu corpo era um aquário,
era no tempo em que os meus olhos
eram realmente peixes verdes.
Hoje são apenas os meus olhos.
É pouco mas é verdade,
uns olhos como todos os outros.
Já gastámos as palavras.
Quando agora digo: meu amor,
já não se passa absolutamente nada.
E no entanto, antes das palavras gastas,
tenho a certeza
de que todas as coisas estremeciam
só de murmurar o teu nome
no silêncio do meu coração.
Não temos já nada para dar.
Dentro de ti
não há nada que me peça água.
O passado é inútil como um trapo.
E já te disse: as palavras estão gastas.
Adeus.
A TIGAS, POR DICIR A VERDADE E CONTARMA!!!
sabedes que día é hoxe?? a ver, confesade, quen picou e quen non??? jajajaja que me tiñan que dar o Oscar!! que son un mentirosa!! pois iso, sede sincero, por fa!!
igual vén Eme a Ou hoxe...
chúzame -
2005-12-28 at 3.46 am
:S
2005-12-28 at 1.20 pm
eu tamén ando á procura de verdade… pero de cando en cando non senta nada mal debuxar un sorriso, anque sexa por picar nunha broma!!! Feliz cambio de ano!!!
2005-12-28 at 9.47 pm
ti sabes de sobra a verdade, non necesitas que ninguén veña a dicirche nada novo… equivócome?
ja,ja,ja picaches! e postos a ser sinceros, eu tamén tería picado. coidado coas uvas e co que lle pides aos 2006… non se vaian a facer realidade os teus desexos…
2005-12-29 at 2.15 am
eu aínda non sei moi ben se é verdade ou é mentira…
2005-12-29 at 3.06 am
mmmmmmm…e iso por que? agora si que estou intrigada…
2005-12-29 at 3.22 am
porque son un pouco corta… e a verdá é que me emocionou un juevo… e crino ata o final… e non pillei o de que eras unha mentirosa e o de ser sinceros e eso… e despois nalgun comentario parecía que si que era verdá… non che sei… o que digo… que son un pouco corta ;b
2005-12-29 at 3.53 am
jajajaja
alégrome que che emocionase pq iso era o que pretendía, porque sempre xogo coa verdade (ao final todo é relativo…), porque me pasou algo parecido cun amigo, porque… non sei, porque si que tiven que dicirlle adeus máis dunha vez á xente que se convertera en todo o meu mundo, porque si que tiven que escoller entre amizade ou amor, porque si sei o que é calar e aguantar sen que ninguén se dea conta… en fin. foi algo que vivín dunha maneira ou doutra.
Tigas era o meu compañeiro de piso en Lisboa e ben, se todas sabíamos ou intuíamos que era gay, el negábao. ata agora. por iso este post, pq me sinto moi orgullosa del, por sincero con sigo mesmo e por confiar en min. e logo o dos santos inocentes…
non puiden evitar facer un pouco o parvo…
foi a miña inocentada, pero tamén foi unha maneira de contar algo que si VIVÍN. o demais son detalles en importancia. o amor é amor veña de onde veña.
2005-12-29 at 4.27 am
eu tamén xogo un pouco coa verdade…
o da inocentada foi unha idea caralluda…
o amor é amor veña de onde veña…
2005-12-29 at 11.47 am
2005-12-29 at 9.51 pm
¡Menuda inocentada! ¡Cada día sorpréndesme máis! Encántame ler o teu blog. Segue así que, como xa che teño dito motas veces,chegarás a lonxe.
¡Feliz 2006!
2005-12-29 at 11.21 pm
moitas gracias preciosa!