persoal25 dec 2005 04:22 am
o xoves fÃxome eterno. primeiro foi promesa e logo confirmación. Eme viña a saÃr a Vigo. paseime todo o dÃa delirando e buscando o equilibrio. unha seguridade estraña me invadiu... daba igual o que pasase, eu só querÃa velo. pola tarde papei un bo susto porque meu pai estivo en urxencias por unha febre derivada do dÃa anterior e miña mai esqueceuse de levar o móbil con ela e ata case catro horas despois non comprobo que era unha parvada. un susto. respiro aliviada, estou contenta. fágome a promesa de queimar esa noite. dúchome, vÃstome. vou guapa e seino. só para el. e sÃntome como se levase unha coraza e me fose montada a cabalo. orgullo? eu creo que máis ben confianza. a noite non me pasa. aturúllome e a sombra de que pase algo e non veña acojóname... fuximos a viños Cholo, Zin, Arnoia e eu. Cholo está triste e eu non sei como explicarlle que SEI, porque o sei, exactamente como se sente. porque eu xa o vivÃn un dÃa si e outro tamén. a min segue habendo pezas do quebracabezas que non me encaixan. cousa da miña intuición. en fin... en viños chámoo para asegurarme de que si vai vir porque me mata a intriga. e SI que vén, está de camiño cun para de amigos. uffffffff. alivio. atácolle ao licor café. pero a noite segue sendo eterna. por fin chegan Dido e Xoela. xa son as dúas e non pode tardar en chamar. breve chamada, quedo en que me dará un toque cando xa estea polo mercado da pedra. aà váiseme a cabeza. non escoito a música, non vexo a ningún deles. non hai outra que centre a miña atención. deambulo como unha tola polo medio do pub co móbil na man. saboreo o momento antes de que todo poida pasar. o momento da incertidumbre. se esperei tanto podo esperar un pouco máis. hai anos que soño con esta noite e xa a estou a vivir, agora sen présas. toque. saio correndo do pub. alà o está. igual que sempre. un abrazo nervioso. o alcohol faime efecto. buscamos aos demais. marchamos para Churruca e bla bla bla. sen querer cóllome do seu brazo. metémonos no Soho. uns tequilas para que se animen. só teño ollos para el. vou, volvo, uns tÃos queren ligar comigo. búscoo coa mirada. aà o está, de pé esperándome cun certo temor. tranqui, eu non vou xogar contigo. volvo onda el. dáme medio abrazo. tremo coma un vimbio. gústame a música, pero non axuda. queremos pegarnos como lapas e o corpo pÃdenos pachangueirada. ando liberada, sen disimulos sen esconderme da palabra maldita. dando cariños e mimos a saco. quedáriame asà toda a miña vida. pÃdemo o corpo tanto ou máis que respirar. tanto tempo esperando... saboreo cada instante como se fose a morrer mañá. o frÃo fai o seu efecto. marchamos con Zin, Xoela e Dido para outro local. Cholo foise xa pero eu non teño cabeza para pensar niso. chámanme e collo. rÃome sen parar. foi o alcohol ou estaba pletórica? outra copa. elas marchan. quedamos sós co Freans. agarrados e abrazados. eu xa non aguanto máis. busco esa boca coa que tantas veces soñei. el ten medo, véxollo nos ollos. dubida, que non quere perderme como amiga. pero esta vez eu non teño medo de arriscalo todo. quere esquivar os meus ollos, non o deixo. estalo desexando tanto coma min... sensualidade nos meus ollos. un susurro. disparo directo ao corazón. e non me dá tempo a reaccionar. bótase con ganas sobre os meus beizos como un lobo. e non podo crelo. o soño faise realidade. paixón. lume, quéimome, quéimame tanto que me doe. e paro para ver que é real, que non é un soño e que cando abra os ollos non me vou cagar en todo porque confundÃn realidade e soños. é real. non podo crelo. bótome sobre el. apretámonos. lume e máis lume. tanto sentÃn que non podo explicalo. a respiración, as ganas, o cansancio, a música. e xusto antes de perder o control para sempre... coa bocas exhaustas e doloridas. ausencia de tantos anos. hai bicos que o curan todo(...)
FIN DA PRIMEIRA PARTE
chúzame -

2005-12-27 at 12.41 am
tiven unha sensacion estraña lendo este post… como de afogo… non sei… moi estraña…
2005-12-27 at 1.23 am
porque foi con estar dentro dun sunami. nin máis menos! sensación estraña como a que tiven, como cando te bican por primeira vez. hai cousas que só pasan unha vez na vida…
2005-12-27 at 2.09 am
ai chinchi q me asustas… a ver se despois vas andar rallada… ai ai!! cóidateme ehhh!! pásao pipa pero a ver… moitos bicossss
2005-12-27 at 2.46 am
Dale a tu cuerpo alegrÃa Elisilla que tu cuerpo es pa darle alegrÃa y cosa buena. Dale a tu cuerpo alegrÃa Elisilla. Eiiii!!! Elisilla!!! AAAAAIIII!!! (Que che me apetecÃa cantar un cacho)
2005-12-27 at 10.46 pm
Mmmmmm, interessante…. alégrome moitÃsimo!!! Pero, sabes que??? Ó ler isto, recórdasme a mim, hehehe, pode parecer un tanto raro, pero já sabes que a mim gústame escrever assim, e sobre estas cousas… em fim, sem máis, que me encanta o feito de que escrevesses assim e que acontecese isso. beijinhos Chinchi!
(Já sabes que não te escrevo porque não me conecto.)
2005-12-28 at 2.46 am
jajajja, Meiga, non é para asustarse, é para alegrarse. Xoela e eu tamén canto, jajaja e asà chove sen parar!!(a ver cando me levas a dar unha volta no coche, Schumi!) Ninfa, ves? todo se pega
biquis!!
ah!!
DIDO: es a única que nunca me comenta… snif snif seguro que nin me les!!!