cantando para ti polas rúas espidas

rompo o silencio en falar. cágoa ben cagada. pido perdón. asomámonos ao abismo da distancia. prometo non volver a caer na tentación (algún día se terá que evaporar, non?) estudio. durmo. non durmo. espertador traidor que me quitas o sono. érgome. milésima de segundo. demasiadas cousas. escollo. decido. despréndome. exame. mentira piadosa. caio rendida no sofá e non escoito a Pau marchar. mensaxe de Eme. medo. regreso a elas. risas e máis risas. libérome. non doe, isto xa non me doe. córtome, metáfora do que me pasou nos últimos meses. sangue. alcohol para que cicatrice. agora son feliz. corro. tírome de cabeza ao chan. só quero cantar. agárrome. ouveo. canto. alto, baixo, desafinando, afinando. non me oes? estás aí detrás vixiando que eu non me faga dano. pecho portas para sempre. e canto polas rúas sen nome escalando montañas que ninguén máis ve. sei teño exame ao día seguinte e non me importa. estoume despedindo dunha etapa da miña vida. quédome a durmir en casa de Xoela. e vomito as palabras máis sinceras, a media voz, xusto antes de rendirme diante de Morfeo. e volvo a durmir soa e xa non me doe. algo cambiou para sempre. en menos de 48 horas comprobareino...
chuzame -
Decembro 26th, 2005 at 5:28 pm
O que fai o licor café… calquera día imos contigo para urxencias con unha costela rota. procura tirarte sobre brandiño. ah!! xa me esquecía, ‘brigada pelo frango, prestounos de carallo. Lots of kisses & hugs.(Xumakeralfarruquito)
Decembro 26th, 2005 at 6:05 pm
jajajjaja sempre é un pracer!!