falando de soños...

os soños sempre se repiten. en 1º de carreira disparáronme no medio dunha clase. un disparo directo ao corazón. era un soño, mais a min doérame de verdade. e logo o meu sangue. non sei porque, pero miña mai e Osiria estaban comigo. eu queríaas botar, que marchasen, eu tiña medo de que lles fixesen dano. miña mai púxose a operarme en vivo e directo e sen anestesia, como se aquilo fose o máis normal da vida. metéronme no coche de Osiria e ela, conducindo como se pilotase un F1 levábame ata o Meixoeiro. nunca descubrín quen me disparaba ata a semana pasada.

o xoves esa puta sombra aparecéuseme por Pontevedra. daquela non o dubidei. non lle dei tempo a reaccionar. rompín unha botella de cerveza que había polo chan e co cascotei boteime directa contra os seus ollos. rebenteillos de cunha frialdade e cun sorriso cínico desfrutei daquel momento. "voute matar, así que xa te podes ir preparando" non choraba. non podía crer o que eu acaba de facer. caía no chan coas mans tapando os ollos cheos de sangue berrando sileciosamente por que? "non me volvas mentir. quedas avisada" . e marchei a continuar a troula con cara de non romper un prato. igual me pasei, pero sabes que? prestoume ser cabrona por unha vez. e non me arrepinto.

os soños traspasan as fronteiras do espacio e do tempo. eu tamén podo xogar forte...
a facultade medio baleira. cómome os apuntes. nervios: exames e Eme que agora mesmiño ten que andar metido nun aeroporto. e aquí vén a gran incógnita:
volverei a namorarme por segunda vez no ano?
donas e cabaleiros, doulle permiso para que fagan as súas apostas, así que aposten!!! eu prometo non mover un dedo nin provocar nada. que decidan o destino e o meu corazón.
(menuda semaniña me agarda!!!)
Chuzame! chúzame -