ás veces pasa que o único que fago é mirar para o meu ombligo. ultimamente dedícome a fuxir da xente que quero e invéntome as excusas perfectas para o meu corazón. é o peor dos egoísmo, cando es egoísta e non consigues velo. levo meses guerreando contra pantasmas que en realidade nunca existiron. parvadas, só parvadas. fuxo por covardía, por comodidade. e ata se me pegou o vicio de non estar soa. engánome e engano aos demais. minto. son unha mentirosa. todo o que sae da miña boca é mentira. xa non loito, xa non busco. cánsome e durmo horas e horas para seguir soñando e non ter que poñer os pés na terra. fago parvadas e chámolles "locuras" para convencerme de que non fixen nada mal. todo o relativizo para quitarlle importancia. semella que me abduciron, que son outra persoa. calo as cousas. e espero sentada e fumando a que alguén veña a rescatarme desta maldita apatía coa que me droguei tanto e pola que abandonei . non fago as cousas que quero facer, non cumplo as miñas promesas... e síntoo. non sei se sirve de moito, pero é a verdade.
xa son horas de que volva a ser quen son: a túa amiga.
nada máis
(isto encontreino o outro día, perdido entre un as páxinas dun libro de Suso de Toro, xa nin me lembraba de que o escribira..., escondino no libro pq nunca o acabei de escribir e pq nunca me atrevín a mandarcho)
"ás veces escribo cartas. cousas que nunca che digo en voz alta, segredos que só a TI confeso. e todo está ben cando o fago, aínda que non haxa tempo para que esteamos xuntas. con iso abóndame. eu escribo e TI les. así é que sempre estás comigo. e non necesito que me escribas aínda que ás veces a inseguridade me venza, á TÚA maneira xa mo contas todo como se puideses colarte nos meus soños de madrugada para ir a dar un paseo en bici, ir de viaxe moi lonxe, levarme a aprender a montar a cabalo. escríboche de forma ritual, de madrugada, con banda sonora e con moitas ganas. sempre teño tanto para darche!!! e imos e vimos polo espacio e polo tempo sen ter que pagar peaxe nin cruzar fronteiras. Paralelas que se que cruzan xa para sempre/ milagre incomparable da Física Irracional. lembras? que sexa así sempre. sempre..."
El último de la fila
En los Árboles
A veces escribo cartas para no sentirme atado,
para no aferrarme a remilgos que yo quisiera abolidos
de mi vida. De mi vida.
Y pinto de colores los sobres. En el remite soy un enigma.
Espero siempre una respuesta para sentrime querido
como los niños chicos. Como los niños chicos.
Mensajes que llegaran, papeles envolviendo una piedra.
Mensajes de cariño que rompìeran el cristal de mi cuarto.
Quién pudiese ingerir un fármaco precioso...,
Convertir en realidad todos esos sueños.
Cartas que me dijesen cosas bonitas
como que vendrás a maullarme de contraseña en la madrugada
bajo mi ventana. Bajo mi ventana.
Que corriéramos campo a través, a la luz de los fulgores del alba.
Chispas blancas sobre el rojo violento. Y que hiciésemos cabañas
en los árboles. En los árboles.
Mensajes que llegaran, papeles envolviendo una piedra.
Mensajes de cariño que rompieran el cristal de mi cuarto.
Quién pudiese ingerir un fármaco precioso...
Convertir en realidad todos esos sueños.
chúzame -

decembro 19th, 2005 at 2:46 am
joder tía, que ben escribes, é unha pena que ajor anon che poida deixar un bó comentario deses dos que lojo me dis: buah komo me justou, che… pero en fin. xa che porei un ahi tentando estar a alturas dos teus posts, en fin, peloteo aparte, bikasos mosa pasao ben e aproba todo.
aburrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr
(inda que comente pouco leote sempre juapa)
decembro 19th, 2005 at 12:14 pm
jajajaj viva o peloteo! alégrome que che gustase, e a ver se te portas ben e che traen algo os Reis!