sempre teñen algo que dicir. semella que todo o mundo sabe o que é mellor para min. todos saben como son, pero poucos me coñecen. necesito unhas vacacións das circunstancias. unha tregua. que alguén me rescate sen que eu llo pida. deixeino todo de lado pola droga. agora empezo a pagar as consecuencias. un sorriso que empeza a ser habitual na miña cara. non ves como me escondo detrás del? eu quería falar e non me deixaron. a lingua que é muda, o espacio e o tempo xogando e facendo das súas comigo. non hai forma, esta vez deixei que o destino me vencese. como falar se o universo conspira para que non o faga? como afrontar a Realidade se non me deixan? e Xoela e a Deusa da Lúa pedíndome que quede, que saia esa noite en Vigo que Dido aprobou e hai que celebralo. non podo. non sei como explicarllo sen facerme de rogar. dígolles que non sen saber de onde me saen as forzas. quero quedar, pero non quero... simplemente non podo. non debo. "alguén haberá en Ou..." sorrín con picardía. mentres eu calo pensando para min. fuxo. non quero ir para Ou, non podo quedar en Vigo. sona o móbil a media tarde. Quela que está en Vigo vendo unha exposición. voume coma un foguete ata onda ela. mestúrome entre os bohemios coma ela. síntome cómoda. boto de menos estudar arte como no instituto. unha sede e fame brutais invaden a miña intelixencia. ganas de aprender. trouxo o coche. fago o macuto e marchamos para Ou. pero enganoume, cando me dou conta xa estamos cruzando a ría. un secuestro. e non podo crelo, non sei se rir ou chorar. "xa verás ti como se enteren estas...!!" en Pontevedra agarda Catuxa cun botellón improvisado. Cris fai os 21 e hai que celebralo. saimos por aí. frío, o frío da distancia. síntome liberada, pero culpable. rúas polas xa pasei con el mortos de frío e risa. entramos nun pub duns amigos de Cris. xogamos ao fubolin e eu pícome con Catuxa por unha mariconada. "sempre as pago con ela" recuperámonos. Quela toleando a todos os mozos. a min gústame o de raias. nin se entera que existo. un de por alí quéremo presentar. non, déixao, hoxe non. mírame sen entender. saímos. Quela e eu correndo pola rúa. ela cae. ríome igual que cando era pequena. colegueo con coñecidas de miña irmá. unha coñece a Eme e Andrea. falo un bo cacho con ela. fálame de videoclips e de cousas da súa carreira. eu sempre soñei con estudar en Compostela. era unha meta na miña vida, pero agora, de repente, non sei ben como, deixou de selo, igual que cando te desenamoras. e se cando acabe me vou para Pontevedra? por que non? gústame esa idea. faime feliz. entramos no bar Coyote. pasou case un ano e a min paréceme que xa pasaron anos. lémbrome como se fose onte. Ara que nos colle a Eme a min polo pescozo. "eu quero comprobar unha cousa". el sorrí. eu tamén. "quero ver como che dá un bico". abrazámonos. achégome. segue a sorrir. e doulle un pico. non se aparta. e sen querer deixo de reprimirme de con toda a dozura do meu concentrada na punta dos beizos vou abríndome camiño pouco a pouco. non penso. sinto. non escoito a música. o seu olor. e por un instante parece que se vai deixar querer. e noto o seu esforzo, case podo saber o que pensa. ténsase e apártase. "ves o que me fas facer?" non sei pq pero non me cabrei. nin sequera me doeu. estaba feliz. acababa tocar o ceo cos dedos. confórmome con calquer cousa. feliz porque el estaba comigo, porque non me fuxía, porque dunha maneira ou doutra foi meu e de ninguén máis, toda a noite bailando pegados como dúas auténticas lapas. si que se pode facer o amor sen un só bico e con roupa. completamente acoplados. esa noite non a esquezo na vida. e agora el vén nun par de días e o único que intento é non ilusionarme. marchamos. alguén me di. imos para outro e logo para Karabas. pérdome entre a xente. alguén me colle da man. Catuxa subida na tarima e Quela cunha afonía dolorosa camiño de casa. agárrome a esa man como se niso me fose a vida. é máis grande ca miña. máis áspera, pero gústame ese tacto. é distinto. despois saúdame o home que cheira gloria. "ola! ti estabas hoxe no Marco" sorrío. que ben ule o condenado!! sen querer voume directa ao seu pescozo. outra vez ese olor. mmmmmmmmmm "tío! que ben cheiras! xa me fixara cando estábamos alí" de súpeto, Cris agárrame dun brazo e miña irmá mírame abraiada. "ese que está aí e o seu mozo e non vexas a mirada asasina que che acaba de botar" "ja,ja,ja, pois ben que me tiraba os trastos, este quería picar ao mozo" e a min de que me sona todo isto? a miña brúxula amorosa sempre se equivoca. saímos e marchamos para o Buho. esta a rebentar. estou cansa e Cris tamén. piramos e pillamos unha piza nun 24h e mentres saimos de alí unha parva que coñece sóltalle unha bordería. frío. rapidamente chegamos ao piso. metemos a piza no forno e mentres eu mángolle algo de roupa a miña irmá para durmir quentiña. comemos na habitación de Cris e despois dime que se quero que me podo quedar a durmir na súa mega cama. e quédome pq paso de estar soa. un par de bromas sobre a calidade do colchón que é de latex. quédome frita ata que chegan Catuxa e Rebe facendo barullo. unha ponse a tocar a pandeireta antes de meterse en cama e a Rebe por dicir que teño que coñecer ao meu cuñado desa noite (todo mentira). durmo dun tirón e cando esperto lémbrome do móbil. a extraña sensación de que fixen algunha parvada con el... pero non hai rastro de nada del, nin mensaxes recibidas nin enviadas. recollemos as cousas, comemos, ducha e pasa Quela a recollernos no Saxito. imos pola autovía. volvo a pasar pola ponte en menos de 24horas. o sol métese comigo, semella un amante que me bica por toda a cara. en Ou a nosa avoa está algo baixa de moral: as cataratas do Níagara que son traizoeiras. Ro vén por casa para planificar a saída de todas (agás eu) pola noite. voume cedo para cama. teño unha estraña sensación na boca do estómago. sei que fixen algo mal, aparte de fallarlle o luns á Ninfa de Mel e non saír con Xoela por Vigo, e non consigo lembrar o que era... volvo mirar ao móbil como se me berrase caladamente a resolución do enigma. seguro que a caguei ben cagada. mágoa que os móbiles non saiban falar. mágoa.
Ismael Serrano
Cien días

Como una luna nueva,
como el metro de Madrid,
negro como una cáries
o un septiembre estudiantil.
Como la certeza de que no sueñas conmigo,
negro era aquel bar
donde se esconden los malditos
de los amaneceres,
de los repartidores de periódicos,
de las agujas del sol,
del amor del prójimo
.
Allí la encontré.

Como un suicida asomado
al borde del precipicio,
amontonando maldiciones
sobre la barra de aluminio.

Temblaba en sus ojos
el humo de mil cigarros
que fumó con un tipo
que la había besado,
que la dejó una mañana
dormida entre las dunas de su cama,
que se fue con otra una madrugada.
Así la encontré

Alguien me contó que llevaba cien días
encerrada en aquel bar,

pidiendo fuego o alguna pista
que le ayudara a encontrar
la luz dentro del laberinto,
el mapa donde está escondido,
el mar donde arden las promesas,
donde solías naufragar.

Cien días escondiéndose del gris
cielo de marzo y sus atascos,

tragando niebla por la nariz,
soñando contigo en los lavabos,
jurando no salir con vida,
sellando todas las salidas,
buscando en un mar de ginebra
una playa en la que encallar.

Besó una copa llena
de cenizás, me miró,
me dio el humo de sus manos,
lo fumé. A cambio yo
le conté que la ciudad
la estaba esperando,
que afuera llovían madreselvas,
que se acercaba el verano,
que qué iba a ser de nosotros
si decidía no venir conmigo,
que saliera a desafiar
al alba y sus asesinos.
Así la hablé.

Sonrió cansada y perdida,
se abrió su boca azul.
Besó de nuevo la copa,
se marchó y toda su luz
fue devorada por la puerta de un servicio
donde mujeres sin alma te empujan al precipicio.
Serán ciento un días
encerrada en la negrura de este bar,
yo salí a la calle y olvide pagar.
Y me marché.

Chuzame! chuzame -