persoal14 dec 2005 01:17 pm

superticións e demais. onte deixounos tiradas a caldeira do gas. 07:30 e Evita e Pau chamando por min. érgome coma un avión. maldita caldeira... vén o técnico. chanchullo e auga quente, pero quedamos sen calefación. paciencia. non subo, quedo estudiando en casa. como. Pau vén estresada e con novas: Xoela botando os fÃgados toda a mañá por culpa dunha cea con mahonesa e a Deusa da Lúa chama que chama ao seu móbil. fágolle compaña. algo de tele e unha sestiña. outra vez a traballar. logo saio de casa para ver o correo, pero no meu correo hai máis dunha postal. sorrÃo, a quen non lle gusta que lle manden algo? paso polo kiosko, Dido non está, anda a voltas co teórico e ten medo. frÃo, volvo para casa. ceo e acurrúcome no sofá. unha mensaxe para Ro. acabo de ver a serie e penso que morro de ganas por ver como irá todo esta noite no hospital. voume para a cama. algo de insomnio. non consigo desengancharme do frÃo e dunha frase que flota na miña cabeza. volvÃn a ser unha suicida, unha kamikace. nada, xa non sinto nada. e agora xa non teño medo de falar en alto. comeza a conta atrás, exames e Eme na próxima semana.
chúzame -