Quela e Catuxa veñen de compras a vigo. fai frío, pero o sol quita calquera friaxe. a esas horas xa sei que Xoela (despois dunha odisea) aprobou o carné e que haberá que saír. despois da ronda de tendas por Urzáiz e por Príncipe acabamos tiradas no Rajastán. falamos e falamos. ríome con elas un mundo lembrando cousas. vanse para a estación de tren e eu piro ata casa. como algo. chegan Pau e Evita. bla, bla, bla. case que non me apetece saír de casa, estou ben con elas. cámbiome e vou ata casa de Xoela. andan a cear. despois chegan Cholo e Dido con todo o minibar da casa dela. mágoa dunha botelliña de licór café. Xoela chimpa unha botella de cava e ponse coma unha moto. é case como mirarse nun espello en pasado e en lisboa. eu vou boa, pero non sei porque cohíbome a min mesma dunha maneira que non logro comprender. o meu sexto sentido captou algo que flota polo aire e do que me avergonzo. son a tres e todo o mundo anda medio apalancado. eu morro por saír. quero fuxir. voume soa para casa. procuro non facer ruido e collo o móbil. chamo á Ninfa. anda por viños. voume correndo ata alí. xa non sinto o frío contra a cara. agora si que parece que fai efecto todo o alcohol acumulado. estou tola, tolísima. pérdome polas rúas do casco vello. Vigo é o meu gardacostas particular. xa non teño medo. corro sen parar. síntome invencible. Eli e Aultre Narai en simbiose perfecta. onde empeza a realidade e o soño? dou coa Ninfa e con toda a peña de clase. tamén me atopo con Termi e con Flower Death que seica leu algún poema meu. vamos para Churruca. coincidencia ou non vou falando coa miña tocalla de I/E. faime gracia, tamén lle mola Eme. igual ata nos parecemos en máis cousas que no nome: "Eu cando confío en alguén pode ser a simple vista. Confío e punto"
entramos no Angara, falo coa peña de clase e bailo. libre de todo. como antes. de repente alguén me saúda. Rai e Josiño. sorrío. voume con eles. falamos de todo. estou eufórica. fumo. fúmome a min mesma. non lembro ben. sei que entramos en algún garito máis, sei que comimos uns bocatas (ou iso creo). lembro que me despido e me vou para casa. cando abro os ollos a luz entra a través da persiana. hai alguén máis. mírame con curiosidade. eu coñezo esa curiosidade. rebovino e rememoro a noite. asómbrome cando vexo que son as 14:30, xa perdo o bus das 15:00. acendo o móbil. chamadas perdidas de casa. chama Xoela. como algo e piro para a estación. collo o das 16:30. estou cansa, pero non durmo. en Ou agardo media hora a que cheguen Catuxa e Quela de Pontevedra. escribo. leo. dóeme a cabeza, pero síntome ben.

BEN

Chuzame! chúzame -