cando o vexo non me cabe a menor dúbida. é o pai de Eme. sorrí da mesma maneira. ten os mesmos andares. eu xa rematei as clases e ofrécese a baixarme do Cuvi ata Vigo. acepto encantada. cando chegamos ao coche sorpréndome porque tamén está a nai del. teñen os mesmos ollos. falamos da carreira, del e de min, do futuro, do Erasmus. síntome incriblemente cómoda e segura. son a raíña da situación. sorrío sen parar. falo alto e claro. son eu máis que nunca. estou encantadora e seino. eles tamén. un olor inundame. se pecho os ollos podo sentilo a el preto aínda que ande a miles de quilómetros. calquera se tería namorado de min nese momento. ao final invítanme a pasar un finde este Nadal con eles. dino de corazón. faime gracia porque non os coñezo de nada e parece que eles xa me coñecen de antes. cando me baixo do coche vou nunha nube. sei que non é bo vivir nas alturas, pero xa o viña necesitando. a todos nos encanta que nos acepten sen pedir explicacións.
Chuzame! chúzame -