aí, xusto aí. sempre aí. molestando. na punta, na fronteira, no abismo. e eu aguantando as ganas. e apreto a man con forza. sen mancarme. disimulando, que os ollos non se me pechen. un paso, outro paso, e outro. o corpo que se move, pero eu non vou con el. o carteiro vai con retraso e non sei cando raios vas ler a carta que che mandei. puxen ben o selo, ten que chegar.
sabes?
sigo sendo unha mentirosa.
mentiras con verdade, verdades con mentira.
e brillanme os ollos e sabes cando non minto, por iso te preocupas. xa levo demasiado tempo nesta illa. é tempo de emigrar cos patos salvaxes. porque vén o frío que máis me fire. pero ti nunca lerás estás palabras, e se o fas non pensarás que sexan para ti. quizais non existes e fuches a miña mellor invención.
tanto ten (outra mentira) dá igual
Chuzame! chúzame -