persoal15 nov 2005 09:22 pm
onte pola noite. rematando de cear mentres me devora o virus da gripe e moqueo sen parar. soa o timbre. Evita non é pq non chega ata as dez e ten chave. era Amir cun amigo que viña de visita sorpresa para invitala a tomar algo. abriulles Pau pq eu estaba recollendo na cociña. entran e sentan. volve Pau para a cociña e decido ir a saudalos. vou polo corredor, entro e ENTÓN o tempo para, o meu corazón pega un bote de 60m, matarÃa por ver a miña cara. esquézome de TODO por arte de maxia, xusto como eu querÃa. e unha frase que alguén me susurra moi docemente ao oÃdo: acabas de namorarte. gústame e iso gústame. unha montaña rusa nunha milésima de segundo en 21 anos e en pouco máis de metro e 55. un xiro de 180º, un cambio no rumbo. chega Evita e lévannos a tomar unha cervexa por aÃ. póñome nerviosa aÃnda que nin se note, fago un pouco o parvo e falo moito. voume contenta para cama, pero coa sensación de que agora teño un disfraz que me custa quitarme.
o único que sei é que é un Samurai, que é tÃmido e que dá clases de Aikido arriba. e algunha sorpresa.
o único que sei é que hai máis peixes de colores neste Océano PacÃfico.
P.D: Son unha esaxerada, xa o sei
chúzame -
