
despois de incubar, agora os virus son donos do meu ser. a resaca da miña alma aĂnda dura e unha envexa sanguinaria e inocente que me persigue como unha cirrose no fĂgado. drĂłgome (fumando). olores. bebo. acaricio sen acariciar. bico e amo. dime que me queres, encántame. iso dáme azos. respiro. sobrevivo.
San Teleco, paso de TODO. convĂ©nzome a min mesma de que son alucinaciĂłns miñas. crĂ©ome a miña mentira. salto, bailo, fumo. estou soa comigo mesma. vou. veño. volvo. o tempo párase nun segundo para min. párase. busco aos ollos que me buscan e me confesan que Ă© mellor que me rinda. tĂos guapos. mĂranme. son incapaz de achegarme. o meigallo que me botaron Ă© máis forte ca min. hai un burato negro no espazo/tempo. marcho do cuvi. collo un bus. esquecinme das miña nenas?!!!págolle ao conductor. báixome da miña parada. esperto. abro os ollos, estou no medio da rĂşa sen saber como cheguei. abducĂronme? secuestráronme? que pasou neses 45 minutos da miña vida? hai unha mensaxe no meu mĂłbil:
SĂntocho, intentámolo, pero non houbo resultados... non podes esquecer.
sábado pola noite. por milĂ©sima vez vexo que a miña intuiciĂłn nunca me abandona. recordádeme que este ano xogue á LoterĂa de Nadal, que seguro toca. os recordos inexistentes téñenme amolada. todos me ven cara de borracha, non deixan de invitarme. alcohol na ferida, aĂnda que pique. vĂłlvome a confesora de Cholo. escoito. Arnoia que me come cos ollos. eu o Ăşnico que quero Ă© bailar e esquecer. bailo. calquera cousa. marchamos e parece que por fin me vou atrever a mirar aos ollos. nunca me cres cando che digo que te quero. Cholo flipando. sei o que pensa aĂnda que non o diga. como Ă© que non me dou conta das cousas? a rabia de saber que nunca expreso con claridade, en voz alta, sen chorar, sen medo e mirando aos ollos todo o que sinto. unha deficiencia coma outra calquera.
Ro chamoume o domingo. non paro de esbirrar e moquear. estou enferma, nada que non cure o tempo. durmo tranquila. xa atopei a *
mĂşsica, a
pelĂcula, o
libro e o final para a miña historia. hoxe saiu o sol rabioso e da igual que me coman o xermes. sorrio.
hoxe sei que facer co que non digo
*(pinchar en Facinado e escoitar)
chúzame -