Agora dóeme máis do que pensaba. Ou quizais só é a dor do que
nunca foi. Non é unha
pantasma, é un
zoombie e vén a reclamarme que o resucite.
Pero ti non estabas morto??
Que se fai co Amor que morreu e que agora che pide Vida? Que fago? Atorméntame en soños. EnsÃname o que puido ser e iso enveléname. FÃreme tanto que non me atrevo a mirar dentro da ferida. Agora xa é tarde e seino, moi tarde. A xente sempre pensa que odio que me mintan por orgullo. En realidade non é
orgullo, é
confianza. Do xeito que el me mentiu e me enganou, sempre coa mesma dozura, agora só penso que todos faran o mesmo. Se alguén que me querÃa tanto non mo dixo, porque non vai pasar o mesmo cos demais? De que cona serviu que non se deixase querer?? NADA. De que me serviu a min? A pregunta flota no aire. RespÃroa. FÃreme. Mátame lentamente. Nese momento xa non sei se me doe a cabeza o corpo ou que. Érgome. Maréome. Tropezo e aÃnda non sei como non caio escaleiras abaixo. Vou coma un foguete para o baño e vomito. Unha arcada e todo para fóra. TODO? Non. Quero chorar e non podo. Non o entendo, nunca o entenderei. Deillo todo, absolutamente todo: o corazón, a alma, a fe, a complicidade, a confianza, a amizade, o corpo. Pero el só se quedou co que lle conviña naquel momento. Non necesitaba máis. Calquera no meu lugar non llo terÃa perdoado. Xamais. Eu si. Póñome na súa pel e
sinto o que el sentiu. Non o xustifico, non ten xustificación. O medo nunca é unha escusa. Son incapaz de entendelo. Pero si que podo
sentilo. E iso chégame para perdoalo, aÃnda que vaia contra min mesma. Se eu tivese unha miga de orgullo...
Creo que non son tan forte como sempre pregonei. Tan só son un Corazón que ama, que amou. Escribo para non chorar, para que as pantasmas non me ataquen mentres intento seguir soñando, porque sei que non vai haber ninguén para protexerme esta noite, nin as próximas. Son débil, unha
idota tola que se namorou e o deu TODO. Intento non mentirme, SEI que volverÃa a facelo. SEI que o farei. Non podo evitalo, NON quero evitalo. Son coherente, confÃo na xente que quero, aÃnda que non sempre o merezan, ou o demostren, ou o queiran. AÃnda que eu desconfie de tonterÃas. É asÃ. É a
puta verdade. A min non me asusta, o que me acojona son os
demais. Sempre ma negan. Ao final, sempre é o que di o meu Corazón. SEMPRE.
Por fin me cachan nunha
mentira e voume a casa coa conciencia tranquila. Con iso chega. Non razono, non atendo nin entendo razóns. Paso do que está ben ou mal. Cholo pregúntame:
Ti andas rara, algo che pasa. E xa van dous. Non sei de que me queixo, os do Titanic non viron o
iceberg ata que se estrelaron contra el.
La casa por el tejado
Ahora si, parece que ya empiezo a entender
Las cosas importantes aquÃ
Son las que están detrás de la piel
Y todo lo demás....
empieza donde acaban mis pies
después de mucho tiempo aprendÃ
que hay cosas que mejor no aprender.
El colegio poco me enseño.....si es por esos libros nunca aprendo a:
Coger el cielo con las manos
a ReÃr y a llorar lo que te canto
a Coser mi alma rota
a Perder el miedo a quedar como un idiota
y a empezar la casa por el tejado
a poder dormir cuando tú no estás a mi lado
menos mal que fui un poco granuja
todo lo que se me lo enseñó una bruja
Ruinas.... ¿no ves que por dentro estoy en ruinas?
Mi cigarro va quemando el tiempo,
tiempo que se convirtió en cenizas
Raro!! .... no digo diferente digo raro!!
ya no sé si el mundo está al revés
o soy yo el que está cabeza abajo
El colegio poco me enseñó....
si es por el maestro nunca aprendo a:
coger el cielo con las manos.....
chúzame -
2005-11-08 at 9.56 pm
quen se atreve a porlle un tÃtulo mellor?
2005-11-09 at 11.39 am
‘i’m the queen of the worldddd…’
osus
2005-11-09 at 2.08 pm
jajajaj moi bo!! biquis Rei
2005-11-13 at 6.46 pm
como saber cando vale a pena deixalo todo atrás? como saber cando aÃnda pode servir de algo esperar, aÃnda que nos sanguen as rodillas¿??
boÃsimo post. só lin este, ando de visita… pero quedei coas ganas de ler máis e postear como dios manda.
bikos de flower_death
2005-11-14 at 5.00 pm
benvida! deches no cravo. a ver que fago da miña vida… ata a próxima