atentados terroristas e explosións. eu polo medio, máis que de heroína, sobrevivindo. matei a dous homes que querían matarme e non me tremeu a man ao facelo. a Ninfa andaba polo medio, diríase que ela era a prota e eu a secundaria, vino case todo sendo a cámara que graba a película. víao todo. e Dido conducindo coches mellor que Kimi con pontes que explotan e que se non veñen enriba. un hospital desaloxado. achégase o final do filme e saio correndo detrás da Ninfa mentres todo explota e voa en pedazos. e tírome detrás dela polo burato, polo tunel vertical que hai cara o centro da terra cheo de auga fervendo. non, me tiro. LÁNZOME. berro e respiro a auga que non me afoga. sinto os latexos a mil por hora do meu corazón. eu coma un mísil contra o universo. canta forza na miña vontade!!! e entón... daquela soou o móbil, Dido, que se iamos a comprar ao Mini Preço e non sei que movidas máis, que a biblioteca estaba pechada. e eu como unha zombie dicindo que si a todo. tardei case cinco minutos en erguerme da cama porque non podía mover un só músculo do corpo. como quen esperta dun coma, como quen volve ao seu corpo logo dun soño. non me importa como acaba a película, o soño, creo que xa o sei... porque "o que teña que ser será".
morreu José Fontinhas. ninguén é eterno. a min gustaríame terlle dito adeus porque malia a que non nos coñecíamos de nada el tamén era un peixe de color.
coidado para as que se quedan a ler ata as tantas: apaga a luz, non vaia ser que veña o día e non queira entrar no teu cuarto porque ve luz e pensa que xa non o queres... ![]()
chúzame -
xuño 15th, 2005 at 7:01 pm
Eso de que soy la protagonista… ni lo dudes!jajaja. Esa sin duda soy yo, siempre quiero ser el centro de atención, y acabo consiguiéndolo, hasta en los sueños de los demás, jajaja, si es que tengo un poder…. que consigo todo lo que quiero, jaja, y tu puedes hacer lo mismo, sólo tienes que desear las cosas con toda tu voluntad, bueno y algo más…
Me encanta la última frase!!! Es tuya??