persoal18 feb 2006 12:44 am
azuis, azuis, azuis, azuis e revolucionarios
creo que me namorei duns ollos azuis. había algo distinto no seu brillo. non sei... o meu corpo traizoume. fai o que lle peta e non escoita ás miñas razóns. non me compliques máis a vida, bérrolle eu cun chupito de licor café na man. chove. Cholo, a Meiga e eu mollámonos, pero eu nin me entero. alcolízome, prefiro iso a chorar. namoreime duns ollos azuis. como pasou? que me pasa? que lle pasa ao meu corpo? e digo que non unha e outra vez. non, non e NON. fuxo do espello. acabo falándolle do meu pai. non podo evitalo. collinlle a man. non quixen evitalo. algo pasou. despois foise. no anghara caín patas abaixo polas escaleiras do baño. case parto o lombo do golpe. a Ninfa and company por alí. perdinme e volvín soa para casa de Cholo, para min que teño un GPRS ou un mapa de estradas conectado ao meu cerebro. e logo non sei cantas horas botamos a falar. ninguén o vai descubrir xamais, pero a min tiñan que darme o premio. e non preguntes o porqué. Ro sábeo de sobra. un furacán anda solto por Vigo. e como morde o cabrón. métome no bus morta de sono. dúrmome sen saber se o que me dixo o melenas era de verdade ou só quería ligar comigo. de verdade teño os ollos bonitos? é que nunca tal cousa me dixeran. o Rei agárdame na estación. tan tímido coma sempre. non me tiñas que escribir esas cousas... que despois emocíonome... e... eu calo. Ro aparece contenta por casa. anda medio enamorada do seu ligue de fin de ano. fala e fala coa Raíña da U.C.I. e de como lle van as prácticas. alí todas as compañeiras a coñecen pola "amiga das nenas de Fina". despois quedamos a soas e mírame con xesto importante. non sabes o ben que trata vosa nai aos enfermos. claro que non, ela co seu exceso de humildade non me quere dar motivos para querela aínda máis.
esta noite voume ir ata a praza. voume sentar a cantar. unha e outra vez. a guitarra de Catuxa non a vou levar, as miñas mans sempre se negaron a aprender a tocar. estou cansa de agardar. e cansa de lembrar.
chúzame -
febreiro 18th, 2006 at 8:41 pm
os ollos azuis tamén son a miña debilodade. Namorei de moitos deles. Os máis lindos, os do meu pai, con diferencia. (podes chamarme edípica)
febreiro 18th, 2006 at 8:49 pm
é que eu acabo de descubrir que me podo namorar dunha persoa só cunha mirada… en fin. os ollos de meus pai son coma os meus, cambian de cor segundo o estado de ánimo. enténdote perfectamente xDDD
febreiro 18th, 2006 at 9:16 pm
mira que ollos verdes son traidores e azules son mentireiros!! (e non o digo por min xD)
febreiro 20th, 2006 at 1:35 am
Mmmmm…. falando de ollos… os meus tamén cambian dependendo de….. non sei qué!!! Joe tia, case non estivemos xuntas, así que… a ve se quedamos dunha vez!!! Bicos e ánimo