persoal11 feb 2006 06:51 pm
un sobre que pon "Para Papi" metido entre a almofada e o edredón. esta noite hao atopar.
nunca me atrevín a dicirche o moito que te quero por vergoña. porque no fondo sei que non te merezo... es o meu ídolo, o meu heroe. de nena só soñaba con ser tan boa persoa coma ti. e non deixes que nunca che digan o contrario, ser bo coma ti é moi difícil. ás veces mírote e vexo a un neno grande que o único que fixo nesta vida foi dalo todo pola súa familia. TODO. e a palabra quédase pequena para describir todas as imaxes que se veñen á miña cabeza unha e outra vez. sempre me animabas a facer cousas de pequena. na praia a nadar e a non terlle medo a xogar ao futbol. ensináchesme a andar en bici, axudábasme cando suspendía as mates porque non me gustaban nada. aprendíchesme a cantar, a rezar, a querer, a sorrir, a ser persoa. todas as tardes que me levabas á psicóloga a Santiago. todas as veces que velabas o meu sono porque eu estaba enferma. terías que ver o orgullo que hai na miña boca cando falo de ti e da túa vida. es como o latexo do meu corazón, que sempre está presente a todas horas, dende que nacín e ata o fin dos meus días. son consciente de que nunca vivirei o sufiente para devolverche todo o que fas por min; creme: nin con 1000 anos o podería facer. tamén sei que non son a mellor das fillas, sei que son un desastre e dóeme recoñecelo. pero eu hoxe o único que quero que saibas é que a pesar de todo, de que só teño 22 anos e que só son unha nena, eu son feliz. FELIZ. e débocho a ti.
papá, loita, por favor. agora e sempre. por min, por mamá, por
María, porque necesitamos que esteas aquí con nós máis do que podo explicar con palabras. coma sempre. loitando, guerreando, sen rendirte xamais. vivindo. aínda nos quedan moitas cousas por vivir xuntos. moitas. confía e todo sairá bena túa filla que te adora
chúzame -

febreiro 13th, 2006 at 6:36 am
ÁNIMO
Joer.. Que bonito, de verdad.
Animo, animo!
Bicos raiña!
Se algún día teños fillas, quero unha coma ti. Coidateme guapa.
Abur
febreiro 13th, 2006 at 11:39 am
Ogallá algún día me escriban cousas tan lindas coma esta. Moita sorte nena, vas ver como sae todo ben…
febreiro 13th, 2006 at 7:27 pm
termi, pensa ben o de ter unha filla coma min… non sabes o que dis!!! xDD
Ollo Grande, xa verá como si lle escriben cousas moito máis bonitas, estou segura. é cuestión de tempo
moitas grazas por todo!!!
xaneiro 15th, 2007 at 11:34 pm
[...] febre. grao arriba, grao abaixo. unha montaña rusa no meu corpo. marabunta, estampida. non podo durmir, nin moverme, nin deixar de tremer. soño e deliro. hope of deliverance. os cabalos correndo pola miña cabeza. quero durmir, quero durmir. exames e notas. Señorita, vostede non vale pra esta carreira. quero durmir, quero durmir. FODER, que iso xa o sei eu. o Rei que me fala de política, non nos entendemos. a maldita sensación de que hai cousas que nunca vai entender na boca do estómago. odio a política, a relixión, os tópicos. nunca digas nunca, é demasiado tempo. unha man sobre a miña fronte. hoxe non vas durmir ben, pequena. teño tanta sede e tantas ganas de crer que ata mataría como matan os leóns no Serengueti. mataría por un só bico de amor, ou máis ben morrería. só un. aínda que despois esperte e pense que só foi un soño. regalo a miña alma a cambio dun. [...]