
outra vez
ela na televisión. unha chamada. Eme. non estou enfadada. non podo enfadarme, con el. o que xa sabía eu, que estivera liado toda a semana. é o que pasa cando volves de Erasmus estas datas. e falamos. estou sorrindo, segura de que o nota a quilómetros de distancia. el tamén. pasan os minutos voando. tócame a min despedirme e colgar. e non lle digo que o quero. non me atrevo. covarde.
xa o sabe. intento convencerme. a promesa de intentar ir alá e un
pásao ben moi superficial. creo que non o vou meter na nevera, nin o vou enterrar. vouno deixar libre polo meu corazón. que faga o que queira. sen cordas que nos aten.
o que teña que ser será.
non abonda con dicir QUÉROTE e agardar por un milagre. hai que demostralo, facelo e non agardar a que me dean permiso. hai que provocalo. non chega con imaxinar como podería ser estar xuntos. hai que intentalo. NON, equivoqueime. non se pode chegar ao cumio e non lanzarse a voar. aínda que te mates. coller impulso, saltar e deixar que o corazón voe só. que levite. saltar sen rede, inexperiencia. que a alma faga o resto. pareime a pensalo en Lisboa, unha noite, ao saír do metro e volvendo para casa. lembro que ao final collín o camiño máis seguro. non fun covarde, pero non me atrevín a arriscarme. ese foi o meu erro.
botellón. chove. xa volvín a onde están todos co móbil na man. un pouco triste, pero sen ganas de chorar. por fin chegan
Ro,
Quela e
Ara.
Catuxa fai de barwoman e vaise animando a cousa. e Quela cunha bata de guatiné en plan
kitsch. marchamos para viños. fai frío, podo sentilo. algo me doe por dentro e non sabería dicir que é. debería ir a urxencias? non, é a ausencia de Eme. terei que volver a acostumarme. entramos no Montederramo.
l.c. para min. a cousa vaise animando. risas fóra. collo o móbil para avisar ao
Gato de onde andamos. as fillas da
directora. pasa
unha. logo
outra e a
última que se xira e me ve.
ola. non me recoñece ao principio. dá outro paso máis e os seus ollos parecen pratos. e eu sorrío para os meus adentros. ninguén sabe o que me encanta ir pola rúa e atoparme con antigos "compañeiros" do
colexio e ver como se sorprenden.
que cambiada estás!!, din os seus ollos. de
chapona a
Aultre Narai. imos para o Trole. hai máis xente que en fin de ano. eu non podo parar de bailar. saio un momento e crúzome co
Kamikace. falaba con el máis tempo, pero chaman por min nese momento. e Catuxa co seu ligue veña a preguntarme os nomes dos grupos e seinos case todos. logo rumbo ao Vai-Vén. un pouco de reguetón dese. bailo co Gato. volta para aquí e volta para alá. Ro pendente do Apóstolo e algo rallada. despois K-oba. despois imos para a
Bull. Catuxa marcha e despois dela Ara e os seus primos. tiramos para o
Rock Club Ro, Quela, que xa vai polo aire, e eu. ao final non entramos. atopámonos co Apóstolo e á vez con outro rapaz que lle gusta Ro. partido de miradas e silenzos a tres bandas. o Apóstolo vaise finalmente e Ro rállase. Quela insiste en ir ata a
Extravaganza. eu xa vou cansa. vai polo aire marcha correndo pola rúa e eu atrás dela. ríome. a cousa ten bastante chiste. chego á cima da rúa e xa non a vexo. chámoa e non dá sinal. Ro e eu separámonos e vamos por camiños distintos ata a Extrava. alí volvo a chamala. que xa estou en casa. si? tan rápido. quedamos máis tranquilas e voltamos para casa. á mañá seguinte entereime que Quela se escondera nun portal agardando a que nós pasáramos e que cando a chamei aínda estaba alí e que marchou soa e co coche. ademais diso non conseguiu durmir pasou hora e media dando voltas polo corredor da súa gata, Blue, perseguíndoa e pedíndolle mimos. (seus pais, meus tíos estaban na
aldea). vese que a
tolemia nos vén de familia.
soidade. saio de casa e as rúas están cheas. eu só quero estar soa. necesítoo. as mesmas palabras que lle dixen a Dido polo móbil. para non facer dano a ninguén máis, para que non mo fagan. ás veces son unha
catana demasiado
afiada. se te achegas moito podo
cortarte sen querer. e decidome a facer esa pequena viaxe coa levo anos soñando. preto, moi preto. irei sen dicirllo a ninguén e sen avisar. isto é algo que teño que facer soa. improvisando. un pouco. vou á procura dun soño. xa van sendo horas de que
loite de verdade polas cousas que quero.
e máis dun se vai levar algunha sorpresa.
chúzame -
2006-01-07 at 2.45 am
seica vai facer unha loucura de amor? parece mentira que eu diga isto pero, adiante!! (todos deberiamos facer ese tipo de cousas máis a miúdo…). sorte, que a merece!!
2006-01-07 at 2.49 am
jajajjajaj, esa fareina, pero non aínda. é outra cousiña que me interesa bastante. xa se enterará
2006-01-07 at 7.32 am
só ti sabes o que che merece a pena de verdade… e xa sabes… o que non arrisca non gaña…
(os borrachos e os nenos nunca minten… e eu estou borracha coma unha cuba… ;b)
eu tamén quería irme a Bilbao de louca… pero non sei se me recibirían cos brazos abertos…en Madrí fijo que si, pero non teño cartos…
bicOs!
2006-01-07 at 10.33 am
pois si, seino bastante ben. a onde vou non fan falla moitos cartos. a durmir ben esa mona!
2006-01-07 at 11.38 am
Eu son dos que pensan que hai que dicir quérote sempre que apeteza, sin pensar dúas veces, pero en fin. Cada caso é cada caso.
E si, a soidade de voltar a casa despóis de saír é unha experiencia única. Nacen ideas, morren soños. Nunca sei se fiarme moito do que penso neses intres…
biccos
2006-01-07 at 10.24 pm
Ánimo na súa fazaña. Facer as cousas soa e arriscadamente é, ás veces, solución a moitos males. Agardo que nos conte o resultado dos seus actos…!!!
2006-01-07 at 11.33 pm
pois si, eu tamén creo que hai que dicir “quérote” cando te apeteza, o malo é cando a quen llo dis se asusta. ás veces penso que hai un mundo paralelo oculto aos ollos dos demais e que me abre as súas portas cando volvo soa camiñando para casa. soñando esperta, intentando vivir o soño. saúdos!!
2006-01-07 at 11.36 pm
estou contigo, é a solución a moitas cousas. o primeiro que farei será contalo. xD
2006-06-13 at 4.48 pm
[...] sorpresa e das boas. por fin gaña un kamikace. lembreime de fin de ano. algo de polémica. e os meus parabéns. [...]