persoal02 xan 2006 12:37 pm
soan as badaladas e antes de rematar rebobino e re-vivo. miro cara atrás e vexo unha costa subida ás miñas costas. estamos na montaña rusa. esta é nova. xa teño montado outras veces, mais sempre é distinto. sabes o que vas sentir, non COMO o vas sentir. curvas, baixadas, boca abaixo. adrenalina. matar a vertixe. unha bágoa asómase ao precipicio dos meus ollos. 2006. todos sorrimos. a xente da praza parece que está nun concerto. marabunta. minutos musicais e marchamos. Catuxa e eu subimos a coller cartos e deixar o móbil. no portal de Ro agardan os rapaces, por primeira vez, vestidos de traxe. botellón no piso. subimos para viños. no Correxidor non colle unha alma máis. todos son rapaciñas de 15 en vestido de sisas, como se fosen todas a unha voda, aparentando seguridade cando en realidade están mortas de frío e medo. hainas que van máis normales, con cara de ilusión e sen a falsa pose de femme-fatal. son do colexio.metémonos no Auriense. Catuxa está falando cun rapaz. este é o escritor. achégome. sóname a súa cara ou é que me recorda a alguén? e eu fumada como un chourizo. voulles falar. miña irmá vaise e queda preto observando cun sorriso de orella e quedamos falando. cousas de letras: é guionista Kamikace, sabe do meu blog e eu xa coñecía o del. casualidades. el tense que ir para o patio andaluz e deixamos a conversa para outro momento. seica me coñece por culpa dunha ateniense (que por certo non sei se andaría por alí preto...) que estuda o que eu sempre quixen estudar na cidade dos meus soños, onde todo é posible. alí onde aprendín a facer maxia. e a ela faloulle alguén en clases de min. creo que sei quen é. marchamos en procesión para o Trole. poñen todas as que me gustan: os Chemical, Bloc Party, Moby e moito máis. de alí directos para o K-Oba. salsita e pachangueirada. lánzome a bailar con algún dos da nosa panda e máis dun lle ensino que para que auga pase do está líquido ao sólido non fai falla que haxa 0º. vou ao baño, volvo e o Ucha engánchame para bailar como un furacán. é unha ironía do destino... mira que me gustaba cando estaba en 2º de Bac. encantábame e nunca me fartaba de andar ao rabo del. ao final resultou que el por quen estaba toliño era por Ro, de min nin que existía. non me doeu, despois de todo eu tamén me tería namorado dela. é un ceo. e despois de tantos anos aí estamos os dous bailando como animais en celo. agárrame, cólleme, abrázame. só é atracción. eu xa hai mil anos que non sinto nada por el. e niso queda a couasa. marchamos para o Rock Club. sempre me pasa igual, fíxanse en min cando eu xa me esquezo deles para sempre. esa é a vinganza do meu corazón, se o arrepentimento matase... parelliñas: Ro cun ligue, miña irmá co Josiño. eu pululando, voando soíña e fuxindo de algún tío cachondo que se me achega. só quero estar soa e bailar. Eme na miña cabeza. non sei pero dalgunha maneira estiven bailando con el a traves dos outros. quizais foi iso o único que busquei toda a noite. andan por alí algúns da miña aldea, o Cid e a súa moza, a Psicóloga. e bla, bla, bla. só quero bailar e estar ben. fuxo para o baño e cando volvo xa non atopo o camiño. escuridade e fume. mi madriña..., desta vez paseime tres pueblos! reorientome e chego ata eles. poñen a nova de madonna e vólvome tola. o Cid alucina, a ti quen che ensinou a bailar así? pasan as horas, Catuxa marcha e eu non me entero. cando nos decidimos a marchar. Ro e infórmame de que xa son as once. non me creo ata que saio de alí e a luz choca de frente coa miñas retinas. aínda me deu tempo para ir pola catedral antes de ver a cara de psicópata de miña nai cando entraba en casa...
chuzame -

xaneiro 3rd, 2006 at 2:58 am
mi madriña! como sabe que sei de vostede a través de oko? que misterioso todo…
ah! sinto dicirlle que non son de Atenas, senón de Teucro. A cousa é que hai un ateniense que recentemente acadou o cumio da miña montaña… Todo o que falo de Atenas refirese a el, o tonto, o raptor de anxos…
Por certo, coincido con vostede en que Compostela é a cidade dos meus soños. Sobre a factoría, sinto dicirlle que, chegado xa o terceiro ano e trala experiencia laboral (na que coñeces a realidade), decepciona. Nembargantes, é sen dúbida algunha, sigo a pensar que esta é a profesión máis bonita do mundo!
xaneiro 3rd, 2006 at 6:17 am
I read over your blog, and i found it inquisitive, you may find My Blog interesting. My blog is just about my day to day life, as a park ranger. So please Click Here To Read My Blog
xaneiro 3rd, 2006 at 11:54 am
é un segredo!shsss, eu son a Maga de Rayuela!! ja,ja,ja fóra coñas, foi cousa de deducción e de intuición (eu si que valía para detective!). en algo me tiña que confundir; moi boa terriña a súa, si señor. por iso lle ten tanto cariño a Atenas, boa sorte con el que os atenienses son moi bos moziños. o da carreira xa mo imaxinaba, xa me tiñan contado, e aínda así… ai! que envexiña me entra! pois a darlle cañita brava!!
xaneiro 3rd, 2006 at 10:35 pm
jajajaja! gran intuición! sepa que oko é unha gran amiga, aínda que sexa dunha terra peligrosa (jeje)!!
e, a que ven iso de que por ser de smellingtown me gusta Atenas? non sei, non sei. a verdade é que recentemente o ateniense fixo de cicerone para min é gustoume o lugar, aínda que a catedral me decepcionou. e que medo subir pola ponte esa tan fashion! e ao chegar arriba sentes como se foras Leo Dicaprio e Kate Winslet en Titanic. danche ganas de gritar iso de “i am the king (queen, neste caso) of the woooooorld!”. bikos e bo aninovo!!
xaneiro 4th, 2006 at 12:03 am
noooooooonnnnnnnn, refírome a que moi boa terriña a súa(smellingtown), que mal me explico!! home, habendo a de compostela, a de Atenas como que non… ja,ja,ja a min a que máis me gusta é ponte vella, pero as vistas dende a outra son mellores. pero hai máis cousas para ver, mellor se é de noite!! que perigo de xornalistas! a ver que lle traen os reis!–>
xullo 30th, 2006 at 7:33 am
[...] Lois, Isa, Quique (irmán de Lois) e alguén máis fóronse do Auriense. que si eu che vendo a miña parte, que si non sei qué. negocios, e eu non entendo nada deles. para min o Auriense xamais voltará a ser o mesmo sen eles, e sen ánimo de desprezar aos que siguen! e vamos de despedida, Catuxa e eu. disimulando. sempre disimulando. a el gústalle miña irmá, creo que non sabe que existe un San José. tamén lle gusto eu. é obvio. iso ou que estou demasiado borracha. que máis dá? queríades sinceridade, pois ídela ter neste amencer. hoxe si, mañá non. com absoluta certeça! e por que non? somos un tamdem. algo que ninguén ten. una mestura por separado. a perfección se nos xuntasen. igual que o David de Miguel Anxo. víchelo en vivo e directo? a beleza do humano unha e mil veces!!! estou contenta. non son unha metade, pero son unha metade. contradicción, verdade e rareza. éche o que hai, ou me (nos) abrazas para sempre ou prefiro que pases das dúas como da merda. gústame. xa dende antes do premio. faloulle a ela un día que eu non estaba. despois, este finde ano, faleille eu. vergonza encarcelada igual que un terrorista; ten razón, pero o MODO fai que perda sentido. e bla bla bla. sinxelamente porque me gusta. porque ten o que soño, porque SINTO que non minte. pola mirada interesante, porque me peta, porque quizais é o único que me entenda. e confésolle que levo un mes escribindo sen parar. que me invento vidas partindo da miña sen que teñan que ver comigo. ou non…un conto de fadas, e esquézome do sangue, o real e regalo sorrisos ata para os máis tímidos. son un caracol sen cuncha. cresme? vesme? e escribo porque aborrezo ser unha tartaruga por obrigación, porque os meus ollos xamais che mentiran, porque non quero que o l.c. inflúa, porque teño cousas peores que esconder, porque no fondo sei que isto non vai significar nada. e porque adoro escribir. e se non gusta a cambiar de blog. [...]
xaneiro 23rd, 2008 at 6:53 pm
Desculpa, máis que idioma vocês falam???
Obrigado por responder!
xaneiro 23rd, 2008 at 7:04 pm
galego